Varios drones buscan a unha muller desaparecida o 20 de xaneiro en Ourense

Son os da Unidade Operativa de Drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/02/2020 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A Unidade Operativa de Drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) colaborará na mañá deste mércores nun operativo de procura dunha muller que desapareceu o pasado 20 de xaneiro en Ourense.

Segundo informou o 112 Galicia, as labores de rastrexo, que están coordinadas pola Policía Nacional, centraranse no Barrio de Covadonga.

Por parte do 112 Galicia pasouse o aviso aos axentes da Policía Local tras ter coñecemento dos feitos, este martes 11 de febreiro, a través da Policía Nacional.

Unidade operativa de drones da Axega
Unidade operativa de drones da Axega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta