Ibercaja, con seis sucursais en Galicia, anuncia un ERE que afectará a 550 persoas

O responsable de CC.OO. en Ibercaja, Miguel Ángel Villalba, considera "excesivo" este número de saídas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O expediente de regulación de emprego (ERE) que a dirección de Ibercaja expuxo este mércores aos representantes dos traballadores suporá, segundo a proposta inicial, a saída de 550 persoas e o peche de 160 oficinas. En Galicia, conta con seis sucursais en: Santiago, A Coruña, Vigo, Pontedra, Lugo e Ourense.

Segundo fontes sindicais, esta é a formulación que fixo o banco na primeira reunión, previa ao período formal de consultas, que mantiveron coa parte social este mércores, 12 de febreiro. O próximo encontro será o 17 de febreiro.

Ibercaja sinalou que este ERE responde a causas económicas e organizativas fronte á falta de rendibilidade do sector. O responsable de CC.OO. en Ibercaja, Miguel Ángel Villalba, explicou, en declaracións a Europa Press, que nesta primeira reunión que mantiveron coa dirección limitáronse a informalos de que os afectados serían 550 empregados e que se pecharían 160 oficinas.

Para Villalba, este número de saídas é "excesivo", pero indicou que poderá valoralo con máis precisión cando a dirección achegue o informe técnico no que sustenta o ERE, algo que previsiblemente fará na próxima reunión.

Así as cousas, destacou a importancia de que neste expediente prime a voluntariedade nas saídas e que as condicións sexan "dignas". Ademais, reclamou que as persoas que sigan no banco non cambien de localización e que se busquen medidas para que poida mellorar o seu posto de traballo.

"Preocupa que o traballo que facían as persoas que marchan teñan que cubrilo os que quedan e, na medida do posible, evitar a exclusión financeira" nos pequenos municipios.

Exterior dunha oficina de IberCaja en Madrid.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Exterior dunha oficina de IberCaja en Madrid.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta