Morre o condutor dun vehículo que impactou contra un camión en Rubiá

A vítima quedou atrapada no interior do coche, encaixado no camión contra o que chocou frontalmente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

O condutor dun vehículo faleceu ao impactar frontalmente contra un camión cando circulaba pola estrada N-120 ao seu paso polo municipio ourensán de Rubiá.

O sinistro produciuse ás 19,00 horas deste mércores e requiriu da intervención dos bombeiros de Valdeorras, xa que a vítima quedou atrapada no interior do coche, encaixado no camión contra o que impactou.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, varios particulares puxéronse en contacto coa central de emerxencias para alertar do sucedido. Ademais dos bombeiros, tamén acudiron ao momento efectivos do GES de Valdeorras e axentes da Garda Civil, que se encargaron de xestionar o tráfico e solicitar información sobre o sinistro.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta