O persoal dos centros de saúde volven protestar: "Seguimos con sobrecarga diaria"

O doutor Xosé María Dios, da Asociación en Defensa da Sanidade Pública, lamentou que, a pesar da manifestación "masiva" do pasado domingo, seguen "sen ningunha comunicación por parte da Administración".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Médicos de centros de saúde e outro persoal volveu protestar este xoves ás portas dos seus centros de traballo en Galicia para pedir solucións á sobrecarga en Atención Primaria e tempo suficiente para atender os pacientes.

Ás 12,00 horas persoal dos centros de Atención Primaria volveu concentrarse, convocado polas asembleas de áreas sanitarias como cada xoves, para denunciar que "non hai cambios" para mellorar este nivel asistencial. "Seguimos con sobrecarga diaria", subliñou, en declaracións a Europa Press, o doutor Ramón Veras, presente na protesta da Coruña.

Por iso, persoal da Coruña criticou que acudise recentemente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a anunciar un novo hospital cando, aseguran, "non vale de nada se non se resolven os problemas de Atención Primaria".

En concreto, reivindican poder atender "con tempo suficiente" os pacientes que, asegura, na actualidade "non" o poden facer pola cantidade de persoas citadas.

"Seguiremos con concentracións todos os xoves", advertiron, porque "o diálogo está pechado". "A Consellería di que fixeron o 95% do medidas pero a realidade non é así", abundou.

"SEN COMUNICACIÓN" DA XUNTA

Pola súa banda, o doutor Xosé María Dios, da Asociación en Defensa da Sanidade Pública, manifestou, en declaracións a Europa Press, que "a xente segue moi encabuxada" e lamentou que, a pesar da manifestación "masiva" do pasado domingo, seguen "sen ningunha comunicación por parte da Administración".

Deste xeito, Xosé María Dios, que se concentrou no centro de saúde de Outes, insistiu en que a vía para mellorar a primaria "é o diálogo", pero sostivo que "está claro que non funciona". "A Administración pensa máis no 5 de abril (xornada electoral) que en resolver a sanidade de Galicia", sentenciou.

A Plataforma SOS Sanidade Pública apoiou as concentracións convocadas de novo este xoves nos centros de saúde de Galicia para reivindicar cambios e mellora de Atención Primaria fronte á "deterioración pola política de recortes de recursos e de sometemento aos burócratas das xerencias hospitalarias".

Peresonal dun centro de saúde da Coruña concéntrase para reivindicar melloras en Atención Primaria.. CEDIDA SOS SANIDADE
Peresonal dun centro de saúde da Coruña concéntrase para reivindicar melloras en Atención Primaria.. CEDIDA SOS SANIDADE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta