Os partidos recibirán 21.737 euros por escano e 0,8 euros por voto se teñen representación

Tamén se sufragan os gastos ocasionados polo envío directo e persoal aos electores de sobres e papeletas electorais ou propaganda e publicidade electoral, a razón de 0,23 céntimos por elector.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Os partidos galegos recibirán 21.737,41 euros por escano obtido nas eleccións do próximo 5 de abril, segundo as 'tarifas' actualizadas pola Consellería de Facenda e que publica este xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, subvencionarase con 0,8 euros por cada voto ás formacións que obteñan representación parlamentaria.

En virtude da Lei 9/2015 de financiamento de formacións políticas e entidades vinculadas ou dependentes, o límite de gastos electorais, para cada formación, no resultado da conta 0,65 céntimos de euros por número de habitantes con dereito a voto. Iso si, este cálculo faise por cada unha das provincias (circunscricións) e, por tanto, a contía tamén depende de se a formación política se presentou en todas elas ou non.

Á marxe destes dous conceptos suxeitos a subvención da administración autonómica, tamén se sufragan os gastos ocasionados polo envío directo e persoal aos electores de sobres e papeletas electorais ou propaganda e publicidade electoral, a razón de 0,23 céntimos por elector, e sempre que a candidatura consiga representación no hemiciclo galego.

No entanto, para o cálculo do límite da subvención por parte de cada formación política non se inclúe o gasto en propaganda e papeletas, como así o especifica tamén a orde publicada no Diario Oficial de Galicia. Todas as tarifas están actualizadas tras consultar o Instituto Galego de Estatística, aplicando unha variación, á alza, do 4,1 por cento fronte ás 'tarifas' establecidas.

ANTICIPOS

A lei de financiamento estipula que se poden establecer anticipos para os partidos, federación ou coalicións que se presenten aos comicios, que deberán solicitarse entre o día 21 e 23 posteriores á convocatoria de eleccións. Salvo indicación adicional, enténdese unha petición de adianto do 30 por cento do máximo subvencionable, o máximo que se pode anticipar.

A cantidade recibida descontarase da subvención á que teña dereito finalmente cada formación política e, se non obtén representación, deberá ser devolta integramente. Tamén deberá devolver a diferenza no caso de que non lle correspondese a contía abonada como adianto.

Papeletas nun colexio electoral de Galicia nas eleccións xerais de 2019.. EUROPA PRESS - Arquivo
Papeletas nun colexio electoral de Galicia nas eleccións xerais de 2019.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta