Feijóo mantén que non haberá alianza con Ciudadanos en Galicia e convida os seus dirixentes a integrarse no PP

Di sentirse "rotundamente apoiado" pola dirección estatal do seu partido. CS di que non pediría ao PP que non concorrese ás eleccións en Cataluña, como fai en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Boqueixon | 13/02/2020 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

As presións non poden con Alberto Núñez Feijóo. O presidente da Xunta reafirmouse unha xornada máis no seu rexeitamento a ir ás eleccións do 5 de abril nunha coalición con Ciudadanos (Cs). Este xoves argumentou que aos galegos "non lles gustan as improvisacións" senón que prefiren os "proxectos consolidados", antes de insistir: "Os dirixentes de Ciudadanos aos que lles gusta a estabilidade e a moderación caben no PPdeG".

Feijóo
Feijóo | Fonte: Europa Press

A preguntas dos medios, Feijóo asegurou que se sente "rotundamente apoiado" pola dirección do PP en relación a que Galicia se manteña á marxe da posible coalición con Cs que Inés Arrimadas puxo sobre a mesa para concorrer ás próximas citas autonómicas galega, vasca e catalá.

Tras o Consello da Xunta, o dirixente popular non ocultou o seu malestar ante a insistencia dos xornalistas en relación ao hipotético acordo con Cs, xa que entende que hai unha "estratexia" por parte da formación laranxa para "usar o PPdeG" para lograr "notoriedade".

"Se lle parece, por que non falamos de Galicia? Non vou ocupar os primeiros días (de precampaña, deu a entender) falando dun partido político que non é o meu. Eu veño aquí a falar de Galicia. Se hai outros partidos que teñen interese en usar ao PPdeG para que se fale deles, paréceme unha estratexia brillante e intelixente, pero aquí falamos de Galicia", remarcou.

"Se algún partido quere usar o PPdeG para que se fale del e conseguir notoriedade, enténdoo e felicítoo, pero falamos de Galicia", engadiu.

PORTAS ABERTAS

Dito isto, reafirmouse en que o PPdeG mantén "as portas abertas" a Cs e precisou que non é que o diga "el", senón que "o din os feitos". Así, remitiuse aos "máis de 100.000 votantes" que no ano 2016 votaron nas xerais "a favor de Cs" e despois, nas autonómicas, apoiaron o PP galego.

"Espero que igual que os votantes de Cs confían no PPdeG, os dirixentes vaian detrás dos seus votantes. Iso sería o lóxico", esgrimiu, convencido de que "hai dirixentes" da formación laranxa que opinan "o mesmo" ca el.

"Se hai un proxecto que une, benvido; e se hai un proxecto que garante a moderación, benvido. En Galicia o proxecto que garante a unidade e a moderación nos últimos 40 anos é o PPdeG", proclamou Feijóo, quen reivindicou "a estabilidade" fronte "á improvisación".

Non en balde, subliñou que aos galegos non lles gustan "as improvisacións", senón os proxectos "consolidados", e engadiu que en Galicia o proxecto "consolidado" é o PPdeG, no que, insistiu, "caben" os dirixentes de Cs. "Aínda que non teñan representación parlamentaria, nin ningunha alcaldía, e aínda que desen alcaldías a nacionalistas e socialistas, como en Malpica e A Cañiza", dixo.

"A pesar diso, os dirixentes de Cs aos que lles guste a estabilidade e a moderación caben no PPdeG", reafirmouse e concluíu cun chamamento a "falar de Galicia". "Vostede e eu non imos facer publicidade doutro partido político", trasladou ao xornalista que lle preguntou respecto diso.

PP ESTATAL 

Sobre este asunto, o vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Montesinos, insistiu en que o seu partido se presentará ás próximas eleccións en Galicia coas súas siglas, pero trasladou a disposición da súa formación a dialogar con Cs.

Montesinos reiterou que "con lealdade" o PP abriu o diálogo e a negociación coa formación laranxa "para que naquelas comunidades autónomas onde o constitucionalismo estea en risco se reforce o centro-dereita", citando o País Vasco e Cataluña.

Así, dixo que en Galicia explicaron "con claridade" que o centro-dereita "xa está representado nas siglas do PP"

"Feijoó e a marca do PP en Galicia representa o centro-dereita e os intereses de todos os que estean á dereita da esquerda e do nacionalismo", sostivo Montesinos, quen indicou que o secretario xeral da súa formación, Teodoro García Egea, está a levar todas as negociacións con Cs "co obxectivo de chegar a un acordo que beneficie a todos".

RESPOSTA DE CIUDADANOS 

O secretario de Comunicación de Cs e deputado no Congreso, Guillermo Díaz, afirmou este xoves que o seu partido non lle pediría ao PP que non se presentase ás eleccións en Cataluña por estar alí máis débil que Cs, como pretende Feijóo que faga a formación laranxa en Galicia con ese mesmo argumento.

"Nós non lle diremos ao PP que non se presente" ás catalás, "a pesar de que está no Grupo Mixto" no Parlament "e que temos un millón de votos máis que eles en Cataluña", porque "respectamos moito os seus votantes e cremos que teñen que ter esa opción", declarou, reclamando ao PP "a mesma xenerosidade".

Díaz pediu ao PP que "rectifique" porque "non é momento de empezar con tácticas partidistas", senón de afrontar o que considera o "risco" de que, se Feijóo perde a maioría absoluta, o BNG volva á Xunta mediante un pacto co PSOE. "Sería un erro imperdoable que, por un escano", o BNG acabase "impondo as súas teses nacionalistas desde o Goberno en Galicia", advertiu.

Por tanto, o secretario de Comunicación de Cs pediu aos 'populares' que non estean no "caneo curto", pensando nas siglas do propio partido e en "tentar anular as siglas do outro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Gamela

Sen dúbida prefire gobernar co apoio de VOX que é máis da súa corda !

1 CastelaoPaSogama

¿E ti cres que a Voz e os poderes sociais reais dos que é portavoz van consentirlle a Feijoo pactar con Vox? Se o goberno de Feijoo depende dos 1-4 escano de Vox (Electomanía), Feijoo non formaría goberno e se repetirían as eleccións. Ao tempo.

2 paletismo ilustrado¡¡¡¡

Qué non pactan con queeeennnn? este pacta co diaño con tal de seguir chupando da teta.... bueno éste e toda a camarilla .... e a Poz-ilga sácalle catro titulares vendendo a benevolencia do pacto ....é o mellor para a estabilidade de galicia xa o estou vendo.... Galicia ten un problema moitísimo máis serio qeu vox, a vox de galicia, o pp ou a clientelismo patético... e é a total inexistencia ou polo menos visible dunha estructura socioecónomica e cultural que defenda uns mínimos para o pais, unha base da que ninguén se poida sair nin dubidar e que nin sequera forme parte do debate por estar totalmente integrada na sociedade... eso aiquí non existe o que hai é un conxunto de señores que bailan ao son da voz e dos seus propios egos.... e así non¡¡

3 CastelaoPaSogama

Ti tes fiebre... Os poderes sociais reais non consentirían a política de subvencións cero que implanta Vox: todos os chiringos do nacionalismo polo río abaixo; os medios, todos os medios, sen subvención, privatizar a telegaita, etc. Non pacta Feijoo con Vox nin tolo. Amáis, dubido que Vox acepte a Feijoo como interlocutor cando este vive en concubinato e está situación penso que sería inaceptable para Vox.

4 paletismo ilustrado¡¡¡¡

A ver Catelao un pouco de tranquilidade.... vox é moito máis intelixente do que a xente se cree e velaí o problema¡ veremos o que pasa a partir do 5A para dar resposta a túa incredulidade... pero é que nin se quera iso é o verdadeiro problema que ten Galicia... aiquí estamos social e políticamente anestesiados uns e moi perdidos outros moitos... Ourense e Lugo serán no decenio que ven territorios socialmente inertes .... así non se constrúe absolutamente nada...

4 Gamela

Non era este o inversor amigo de Feijoo para regalar Barreras a PEMEX por catro patacóns ? Agora os traballadores de Barreras van de cú e esta tropa forrada de millóns !!! https://es.euronews.com/2020/02/13/...

3 paletismo ilustrado¡¡¡¡

Pois a min dame un pouco de perguiza esto das eleccións... porque pase o que pase, faga o que faga, vaia no iate que vai e con quen vaia, destroce o que destroce ao seu paso, poñen en marcha aos pseudo xornalistas de turno coas cabeceiras de turno e xa parece que temos a Obama aiquí... non sería millor autodisolverse ordeadamente... por outro lado a oposición vai en serio? de verdade que en Galicia temos que resignarnos a esta patulea que temos.... aiquí non é que os tres poderes sexan un é que son a trinidade perfecta...¡¡¡¡

2 REI DOS CINICOS

Non habrá pacto con chupadangas pero habrá gobernó cos fascistas de VO卐... anda e deixa de tomarnos o pelo a todos!!!! QUE NON SOMOS TONTOS!!!!

1 Ana

Mesmo votantes de dereitas xa recoñecen a sua nefasta xestion: peche de empresas, emigracion e despoboamento, abandono do rural, sin caixas propias, sin tarifa electrica galega (sendo productores), sin traspaso da AP-9, a sanidade peor ca nunca, etc. Un so deputado do BNG conseguiu xa mais para Galiza ca vostede. De feito o BNG ten o que non teñen o resto de partidos: proxecto, xestion e unha boa candidata.

1 a fantasma de Amio

"Un so deputado do BNG conseguiu xa mais para Galiza ca vostede", o mantra goebbeliano que teñen que repetir os benegallos como consigna. Repetir as mentiras até que se fagan reais.

2 Breijar

...e a realidade é o final que fai máis pola clase traballadora galega Yolanda Díaz no goberno que todos os cargos electos do BNG xuntos.