Repoboan o Mar de Lira con máis de medio milleiro de crías de bogavante 100% galegas

O obxectivo é que aumente a súa poboación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar soltou 500 alevíns de bogavante na praia Mar de Lira, no municipio de Carnota (A Coruña), co fin de aumentar a súa poboación.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou este xoves na solta con alumnos do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

Así, búscase a recuperación desta especie na reserva mariña dos Miñarzos. A Xunta incorporou uns 5.200 exemplares de bogavantes ao mar desde 2012, a maioría na costa de Lira.

Os individuos liberados destes crustáceos dun seis centímetros de lonxitude foron cultivados por alumnos no Igafa. Os seus proxenitores son salvaxes e proceden das rías galegas. No traslado ata a praia participaron efectivos de Gardacostas.

Bogavante
Bogavante | Fonte: framepool.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

e quen os vai comer...? irán parar ás mesas dos políticos ? ao prezo que vai non hai cristo que lle meta o dente...? por non falar das mentiras das prazas de abastos nas que din vender salvaxe e galego... e danche o que queren a prezo de ouro !