O Bloque demanda ao Goberno español que faga xestións para que o 'Blue Star' sexa reparado en Ferrol e non en Turquía

Pide que se faga "en compensación polos prexuízos causados" polo accidente do barco. O armador pediu facelo en Turquía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O BNG demandou que o Goberno central faga as xestións necesarias para que o buque 'Blue Star', que encallou en Ares, sexa reparado "integramente" nas instalacións de Navantia na ría de Ferrol "en compensación polos prexuízos causados".

O buque 'Blue Star' na costa de Ares.. JOSE R. MONTERO
O buque 'Blue Star' na costa de Ares.. JOSE R. MONTERO | Fonte: EUROPA PRESS

O 'Blue Star', que permanece desde mediados do mes de decembro nun dos diques de Navantia Ferrol, abandonará nos próximos días estas instalacións, tras decidir o seu armador non executar a reparación, e trasladarse a Turquía.

O deputado nacionalista Néstor Rego rexistrou no Congreso unha proposición non de lei para que leve a cabo esta reparación para "transformar un accidente marítimo en emprego" nun sector afectado pola falta de carga de traballo.

Este accidente na ría de Ares "evidencia unha vez máis a fraxilidade e vulnerabilidade da costa galega", "sempre en risco de sufrir catástrofe ambientais polo elevado tráfico marítimo que soporta", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E Nestor Rego non ten outra ocurrencia...? Ben podía pedirlle aos seus amigos escoceses que fixeran algo para que as compañías aseguradoras pagaran algo polo Prestige (logo de 14 anos xa van sendo horas) Ao mellor o SinnFein tamén podería dicir algo sobre o tema ? Pero vai ser coma a reclamación dunha Facenda Galega mentras REGALA os cartos ao PSOE de Madrid... BNG - UPG trampulleiros !!!