As entradas para o concerto de James Rhodes en Ferrol saen á venda este venres

O concerto será o próximo 21 de marzo, no Teatro Jofre.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 13/02/2020 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

As entradas para o concerto do pianista británico James Rhodes en Ferrol, o próximo 21 de marzo, saen á venda este venres a través da plataforma web ataquilla.com de Afundación e o despacho de billetes do Teatro Jofre.

James Rhodes
James Rhodes | Fonte: Europa Press

As entradas en liña estará dispoñibles partir das 10,00 horas da mañá do venres, e a partir das 11,00 ata as 13,00 horas e desde as 18,00 ata as 20,00 horas poderanse adquirir no Jofre.

Neste horario os interesados poderán comprar unha das entradas para a actuación de Rhodes o próximo 21 de marzo no Auditorio de Ferrol, ás 21,00 horas.

A sétima cidade de Galicia foi unha das elixidas polo músico inglés para conmemorar os 250 anos do nacemento de Ludwig van Beethoven nun concerto de 90 minutos dedicados ao músico alemán.

No Auditorio de Ferrol soará a Sonata Nº16 in D major Op. 28, Pastoral; a sonata Nº27 in E minor Op. 90 e a sonata Nº21 in Op. 53 Waldstein.

Rhodes interpretará estas obras co seu estilo particular, co seu toque persoal que pon en cada unha das súas actuacións coa intención de desfacer o halo de solemnidade que envolve á música clásica e achegala ao gran público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta