Galicia ten 147.902 empregados públicos, dos cales o 58,5% son mulleres

A porcentaxe de mulleres supera en máis de dous puntos a media española.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/02/2020 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O número de empregados públicos en Galicia ascende a 147.902, segundo o último boletín estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas, que hoxe publica o Ministerio de Política Territorial e Función Pública.

Emprego público
Emprego público | Fonte: Xunta.

Da análise destes datos, que corresponden a xullo de 2019, pódese destacar que o 58,5% do personal público son mulleres, mentres que o 41,5% son homes. A porcentaxe de mulleres no sector público en Galicia é superior ao da media do Estado, onde acadan o 56,25%. Así, 86.559 postos públicos son ocupados por mulleres (o 58,5%) en Galicia e 61.343 por homes (o 41,5%).

A Administración do Estado dispón en Galicia de 27.007 efectivos, dos que 12.452 están na provincia da Coruña; 2.771, en Lugo; 2.605, en Ourense e 9.179, na provincia de Pontevedra. Pola súa banda, a Administración Autonómica ten 93.368 empregados e a Administración Local 27.527.

ASCENSO DO 0,6%

Esta cifra corresponde ao mes de xullo de 2019 e supón un aumento de 949 efectivos en comparación ao boletín estatístico anual publicado en xaneiro de 2019, un 0,64% máis.

É nas provincias da Coruña e Pontevedra onde máis funcionarios traballan, 64.570 e 44.928 respectivamente. Pola súa banda, Ourense e Lugo contan con 19.722 e 18.682 empregados públicos activos.

Todos eles distribúense en diferentes sectores. Do conxunto da Comunidade, a maioría dedícanse á Administración da Xunta de Galicia (93.368), 27.527 á Administración local e 27.007 á Administración do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xian do Sil

Vergoñento. A paridade exise 50-50