"En Galicia temos o mellor sector lácteo de España", di a Xunta tras o caso de casa Macán

"É un problema puntual", asegura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2020 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, defendeu que Galicia ten un "extraordinario" sector lácteo, tras a alerta sanitaria en casa Macán, que reduce a un problema "puntual". Por iso, fixo un chamamento á "calma".

Así se pronunciou en declaracións este venres en Lugo, onde destacou que os controis "funcionan" en Galicia de forma "independente" en defensa dos produtos e consumidores.

O conselleiro desliga a situación de Casa Macán --coa produción paralizada e os seus produtos retirados do mercado por deficiencias de hixiene e limpeza-- do resto de marcas das denominacións de orixe, ás que non afecta "para nada" esta situación.

"En Galicia temos o mellor sector lácteo de España, temos unhas condicións hixiénico sanitarias absolutamente extraordinarias cunha análise diaria de todos os nosos produtos", deixa claro.

"É un problema puntual dunha empresa que espero que se resolva satisfactoriamente, eu mesmo hoxe almorcei con queixo galego. Todos temos que seguir apostando polos nosos produtos", subliñou finalmente.

O conselleiro de Medio Rural, José González, no pleno do Parlamento de Galicia. XUNTA
O conselleiro de Medio Rural, José González, no pleno do Parlamento de Galicia. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta