En Marea e Anova, na encrucillada electoral tras as trabas de Podemos e BNG

As dúas formacións nacionalistas analizan esta semana a súa estratexia electoral e acusan a Unidas-Podemos e ao BNG de actuar "pensando en clave partidaria máis que de país". As mareas municipalistas tamén poderían ser actores importantes nestas novas negociacións. Podemos e IU, con Pablo Iglesias e Yolanda Díaz á cabeza, terían xa acordado o modelo da súa futura lista en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Anova e En Marea están condenadas a entenderse se non queren ser irrelevantes no panorama político galego. Tras a decisión de Podemos de encarbezar con Antón Gómez-Reino as listas do espazo rupturista e de intentar impoñer o poder que ostenta en Madrid e no Goberno central para elaborar a candidatura, Anova quedou completamente descolocada. O mesmo lle pasou a En Marea de Luís Villares, tras o rotundo non do BNG a unha coalición electoral.

Xosé Manuel Beiras durante un mitin
Xosé Manuel Beiras durante un mitin | Fonte: Paco Gallego

Estes dous espazos, que beben da mesma fonte nacionalista, poderían exploran, agora, a posibilidade dunha alianza estratéxica de cara ás autonómicas galegas para non quedar fóra de xogo. Dirixentes consultados por GC din que a única posibilidade de acadar representación na Cámara galega é ir xuntos xa que a división xoga na súa contra.

Pero fontes oficiais de Anova negan esta posibilidade. Asi, Rafa Dopico, secretario de Organización de Anova, nega rotundamente esta posibilidade. "Podes dicilo así, que Rafa Dopico, como secretario de Organización de Anova asegura que non vai haber ningunha conversa con En Marea nin agora, nin nunca".

Precisamente, as dúas formacións celebran esta fin de semana reunións das súas cúpulas cando resta menos dunha semana para o vencemento do prazo para o rexistro de coalicións ás eleccións autonómicas do próximo 5 de abril.  Anova reúne este sábado á súa dirección para analizar o escenario creado tras a decisión de Gómez Reino de presentarse como candidato de Galicia en Común, o que deixa fóra de xogo aos ex rexedores Martiño Noriega e Xulio Ferreiro. 

IMPLICACIÓN DE IGLESIAS E YOLANDA DÍAZ

O novo movemento de Podemos Galicia está deseñado desde Madrid e pode implicar o sacrificio de Gómez-Reino como deputado no Congreso para que encabece as listas de Unidas-Podemos en Galicia co obxectivo de consolidar a marca que xa goberna en Madrid. De feito, Pablo Iglesias, aterrará en Galicia para participar no lanzamento desta candidatura o 29 de febreiro, días despois de que culmine o proceso de primarias do partido morado. 

O ex alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. EUROPA PRESS - Arquivo
O ex alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. EUROPA PRESS - Arquivo

Fontes consultadas, confirman que os movementos de Unidas Podemos en Galicia contan co acordo de Iglesias e Yolanda Díaz, a nova ministra de Emprego e íntima do círculo do líder de Podemos. Este acordo, incluiría a repartición dos primeiros postos da lista entre militantes de Podemos e UE. Quedarían reservados algúns postos para Anova, pero non serían, os de saída na Coruña e Pontevedra que serían para Antón Gómez Reino e Eva Solla, actual vicepresidenta da Cámara, de EU. As dúas forzas impoñen así o seu peso na alianza electoral das xerais "da que Anova se autoexcluíu", din. Con todo, a dirección galega de EU recela deste pacto feito desde arriba.

O ESPÍRITO DE BEIRAS

Ante este panorama, Anova quedaría completamente descolgado do espazo que axudou a crear e a impulsar, xa que, precisamente, foi Xosé Manuel Beiras, o gran baluarte electoral de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).  Unha coalición que axudou a visibilizar a unha forza sen implantación forte en Galicia, como Esquerda Unida, e que foi o ensaio de Podemos no Estado. De feito, Pablo Iglesias traballou de asesor durante esa campaña electoral.

Por iso, e ante as novas esixencias impostas desde Madrid, a dirección de Anova podería intentar impulsar unha nova coalición electoral coas grandes mareas municipalistas, especialmente, Compostela Aberta e Marea Atlántica, sen descartar outras mareas menores e a presenza de En Marea.

Fontes consuladas apuntan que xa traballan nunha coalición alternativa sen deixar a porta pechada a Podemos, aínda que esta posibilidade está moi afastada. De feito, nesa gran coalición o elemento nacionalista sería o máis importante, pero non se desbota abrir as portas a formacións que marcharon desencantadas de Podemos, entre elas, o movemento anticapitalista ou mesmo aos ecoloxistas de Equo.

EN MAREA

Tamén este sábado terá lugar a reunión do Consello das Mareas, máximo órgano de dirección de En Marea, que nos últimos días fixo un chamamento a Anova e as candidaturas municipalistas de Santiago e A Coruña para explorar unha alianza.

De feito, esta é a principal hipótese coa que se traballa en En Marea, que aínda que manteñen canles de diálogo co BNG, consideran que a formación de Ana Pontón está actuando como Podemos, impoñendo posicións de forza e "pensando menos no país e máis en intereses electoralistas". "Esta forma de actuar da UPG está botando a perder unha gran alianza electoral nacionalista que mesmo podería situarse como terceira ou segunda forza na Cámara galega", indican fontes consultadas.

En Marea tamén ten fíos abertos con outras forzas, como Compromiso con Galicia, ou mesmo o Partido Galeguista, ademais de numerosas mareas locais afíns. A intención dos de Villares é "tentar sumar" nun panorama, din, "no que a división resta e sería unha gran baza para unha repetición electoral de Feijóo". Pola súa banda, Juan Carlos Piñeiro, líder de CxG, aclara en conversas con GC que non manteñen ningún contacto con En Marea desde as Xerais, nas que foron diluídos dentro das listas do BNG. Pero fontes de En Marea negan esta versión e din que este luns estiveron co Secretario de Organización de CxG e mesmo se pediu xuntanza formal entre Villares e Piñeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

16 Gamela

BNG-UPG non entenden nada... Levamos 5 anos perdidos e semella que imos volver perder outra lexislatura máis... Democracia ou barbarie? https://i.gal/gamela23 Os Anticapitalistas en Andalucía queren buscar o seu suxeito político (En Marea intentouno facer en Galicia, pero as arribistas meteron paus nas rodas para alcanzar o poder á sombra do PSOE!) O malo é que tamén o BNG ten a mesma estratexia de querer cogobernar co PSOE en Galicia ! E ninguén é capaz de ver que o PSOE non son máis cunha pandilla de neoliberais disfrazados de socialdemócratas ? Santa miopía, ora pro nobis...!

1 Buceta

Gamela, non enxergas! Na UPG, no PCE e en Podemos veno moi claro e saben perfectamente quen son no PsoE: o falsario que ofrece o alimento asegurado! Sábeno tan ben ou mellor ca ti. Están moi satisfeitos e practícano cando teñen unha oportunidade para liberarse, son a garantía para vivir da política profesional, non lles importa chegar ao poder berrando 'PP, PsoE, a mesma merda_é', e rematar de ganchete dándolle un verniz 'galleguista' (o espírito de Ramón Piñeiro do que tanto repudiaron e acaban tragando) ou de 'políticas sociais' (do modelo de Carrillo, a 'oposición' do eurocomunismo, a fundación tripartita ou ás tarxetas black dos sindicatos da patronal) ao capitalismo liberal e ao españolismo centralista. Iso que adoran os trepas só ten un nome: vendidos!

15 Guillerme Gintonic

Anova ten dúas opcións: Ir con En Marea e ser alternativa ao Partido Podre ou ir , outra vez, de parvos útis de Podemos

1 a fantasma de Amio

En Marea é un cadáver nacionalista que rematará dentro da casa común de todos os cadáveres nacionalistas: O BNG, parv@ útil do PSOE e La Voz sabonita. Anova fará o que lle pete, que para algo é unha organización soberana. Superade o trauma de Amio, que xa vai sendo hora.

14 Farto de vos

Non a ver poden explicar por que ninguén lles ten que dar ningún posto? Por que non empezan uníndose entre eles e así negocian en posición de "forza"? (aínda que 0+0 é igual a 0)

13 nostrus

Marea, Anova, BNG e outros grupúsculos da mesma fauna canto mais lonxe mellor, inda que recoñezo que un certo protagonismo residual en plan mosca cojonera esta ben que o teñan para facer espabilar ao resto de partidos. Polo demais a sua presencia non aporta nada e mesmo sementan rencor hacia Galicia.

12 Bua que non me dan postos

Que clave partidaria a dos partidos que se negan a ceder postos a partidos que non representan a nada nin a ninguén que malos son.

1 Praceres

Cando recoñecidos fans do menguado e fraco BNG reproducen o discurso do caciquil e todopoderoso Partido Podre, fano tamén baixo a gracia de 'Todo pola Pa(s)t(ri)a'?