Temas: PARLAMENTO

Os deputados poderán adquirir por 220,12 euros os portátiles que usaron esta lexislatura

O prezo orixinal de cada equipo era de 960,53 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2020 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A Mesa da Deputación Permanente —órgano que substitúe o pleno en períodos non hábiles— acordou este venres iniciar o procedemento de contratación de adquisición de material informático para a Cámara galega, que inclúe nun único lote os computadores destinados ao persoal do Parlamento en situación de teletraballo e os deputados da próxima lexislatura.

Hemiciclo galego
Hemiciclo galego | Fonte: Europa Press

Ademais, os parlamentarios que deixan de selo poden adquirir por 220,12 euros os portátiles que utilizaron durante este mandato. Este prezo é o valor residual marcado a xaneiro de 2020 por parte dos servizos técnicos do Parlamento, tomando como base o prezo de adquisición inicial 960,53 euros e o tempo durante o que os equipos contan con servizo de soporte e mantemento ante avarías.

O Parlamento informou que a licitación nun único lote dos computadores para a próxima lexislatura e para teletraballo busca "reducir o importe da adxudicación, sen limitar a concorrencia". É dicir, ao tratarse dun lote maior, espéranse mellores ofertas económicas por parte das empresas. Non se renovan as impresoras, xa que se seguirán utilizando as de lexislatura que remata.

Ademais, explica que a necesidade de dispor con "urxencia" equipos de substitución para o persoal con teletraballo e para os deputados da XI Lexislatura.

Engade, así mesmo, que o servizo de tecnoloxías da Cámara advertiu de que os equipos que utiliza o persoal con teletraballo están "obsoletos" debido á súa antigüidade e que os que utilizaron os deputados na X Lexislatura (a que agora termina) quedarán tamén obsoletos este mesmo ano "ao perder a garantía e o servizo de soporte ante avarías".

Neste sentido, din que unha vez que os equipos carecen de mantemento por parte do fabricante "xorden problemas de seguridade e privacidade". No caso de aparecer vulnerabilidades críticas, "non existirían correccións" para elas.

O Parlamento lembra a súa "obriga" de dispor equipamento actualizado cos últimos parches de seguridade que eviten vulnerabilidades.

É máis, a "antigüidade e obsolescencia" destes equipos, unida ao feito de que poidan conter datos de carácter persoal, "aconsella que poidan ser adquiridos" ao finalizar a Lexislatura por parte dos seus usuarios.

O "hipotético aforro" que podería lograrse coa entrega dos equipos vellos, engade, verase "contrarrestado ou anulado" polo "notable incremento" da carga de traballo que implica o baleirado individualizado de cada un deses equipos por parte dos servizos técnicos, alega a Cámara galega.

Temas: PARLAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pois que apliquen o método Bárcenas... a martillazos !!! Para que serve AMTEGA ¿para licitar Windows? https://amtega.xunta.gal/es/perfil-...