O PPdeG arrinca motores co acto de proclamación de Feijóo

Tellado afea o "espectáculo" da esquerda rupturista nas negociacións para as autonómicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2020 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia arrincará este sábado os seus motores de cara ás eleccións galegas que terán lugar o 5 de abril, cun acto en Vigo de proclamación de Alberto Núñez Feijóo como candidato á Xunta e co rexeitamento para Galicia do "multipartito" do Estado.

Feijóo
Feijóo | Fonte: Europa Press

Os populares galegos esperan que o evento sexa "masivo", para dar testemuño de que a formación está "activada, mobilizada e ilusionada" para conseguir a cuarta maioría absoluta.

O obxectivo, segundo indicou o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, é "seguirlle dando a Galicia a estabilidade e o crecemento que merece e necesita".

Na súa intervención, Tellado cargou contra o modelo do "multipartito" de PSOE, Podemos e BNG no Estado, no que "ninguén defende os intereses" de Galicia. "Se ese é o modelo que queren traer á Xunta, os galegos xa deben saber o que poden esperar deles", manifestou.

Na súa intervención, lembrou que esta semana se votaron en Congreso e no Senado dúas iniciativas para reclamar ao Goberno central que pague ás comunidades os 2.500 millóns de euros que lle debe polo IVE do ano 2017, dos que a Galicia lle corresponden máis de 200 millóns.

"Lamentablemente", conforme indicou, a iniciativa presentada polo Grupo Popular "non contou co apoio" das formacións políticas con representación na Cámara galega. "O PSOE votou en contra, cando en Galicia decidiu absterse; e o BNG e Podemos fixeron o mesmo, a pesar de que votaron a favor desta devolución na Comunidade", apuntou.

Na súa opinión, "este cambio de posición respecto da fixada polo Parlamento de forma case unánime e sen votos en contra é absolutamente inadmisible". Respecto diso, asegurou que esperaba que os deputados do PSdeG e de Podemos cambiasen de postura pero considerou que a actitude do BNG "só pódese entender" dentro da súa estratexia de "aparentar ser combativos" para "acabar aplaudindo todo o que fai o PSOE".

"ESPECTÁCULO" DA ESQUERDA RUPTURISTA

Ademais, pediu á esquerda rupturista que "respecte un pouco o nome de Galicia" nestas semanas de negociacións para as eleccións nas que, na súa opinión, "seguro que darán espectáculo".

"A situación da esquerda rupturista é iso, rupturismo en estado puro. Empezou o espectáculo da esquerda rupturista máis rota que nunca", considerou.

Tellado afeoulles aos integrantes deste espazo que falen "moito de si mesmos" e "pouco de Galicia". "Moito dos seus problemas e pouco dos problemas dos galegos", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

O neno dos Peares sempre anda en boas compañías (a García Costas seica tampouco o coñece de nada?) https://praza.gal/politica/feijoo-d...

1 Gamela

O porquiño cebado vai ter razón... na festa do cocido en Lalín e seguirán a dirimir a vella cuestión das boinas e dos birretes...? Pero agora non queda máis que outro porquiño cebado en Ourense para darlle a réplica ao espelido neno dos Peares ! Cal de todos eles encaberá a lista de VOX ? Velaí a gran incognita do rupturismo de dereitas !!! Dá noxo ver a Nestor Rego reclamando unha Facenda Galega ante un Congreso con 349 alucinados que se preguntan ¿de onde vén este macaco? Hai homes, e homiños, macacos e macaquiños... Como se pode ver imos mellorando moito grazas á UPG !