VIDEO: Que supuxo para toda unha xeración escoitar a Son Goku e o Dragon Ball en galego?

Saímos á rúa para averiguar como foi o furor por esta serie xaponesa. A mocidade coincide na "gran ferramenta" que supuxo para a galeguización.

Por Raúl Novoa | Santiago de Compostela | 19/02/2020 | Actualizada ás 22:29

Comparte esta noticia

Dragon Ball e Son Goku cumpliron 30 anos de historia na Televisión de Galicia. A serie, estaba traducida e dobrada ao galego, o que serviu coma "primeiro contacto" de moitos rapaces castelanfalantes coa nosa lingua.

Dragon Ball Z, Songoku e os seus compañeiro e rivais nas Bolas do Dragón
Dragon Ball Z, Songoku e os seus compañeiro e rivais nas Bolas do Dragón | Fonte: crtvg.gal

Para averiguar a súa trascendencia na infancia dos nenos galegos, saímos ás rúas de Santiago de Compostela para preguntarlle á mocidade se seguiron esta serie xaponesa. A maioría, reivindican a importancia do uso do galego, xa que se ligou "a lingua co lecer". 

Ademais, recoñecen que se lles fixo "estrano" comezar a ver estas series en castelán, xa que moitas voces e ata os nomes, mudaban. Os entrevistados reivindican a importancia de continuar a dobrar en galego debuxos animados para os máis cativos. 

A continuación, podes ver o vídeo que fixemos: 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta