O BNG avisa que a división na esquerda non axuda ao cambio na Xunta

A líder nacionalista advirte a Feijóo que "non hai campaña publicitaria" que faga crible que é un presidente con "mans libres".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, incidiu en que se presenta como candidata á Presidencia da Xunta con "todas as ganas de liderar o cambio", para "gañar o partido, non para un empate, nin para quedar en segunda posición". Iso si, conveu que o cambio de cor política na Xunta non vai depender só dunha formación, aínda que incidiu en que os galegos "primeiro teñen que falar nas urnas".

Así o manifestou este luns a dirixente nacionalista en rolda de prensa este luns, na que explicou que o BNG, cun proxecto "sólido e consolidado", arrincou a elaboración de listas electorais, que serán aprobadas nun Consello Nacional o próximo 29 de febreiro, xunto co programa electoral.

Pontón, ao ser preguntada por se a situación doutros partidos e confluencias pode ir en contra do obxectivo que se marcou o BNG, lembrou que ten por "norma non valorar as situacións doutras forzas políticas" e "respectar". Con todo, avisou que a división na esquerda non axuda a un cambio na Xunta. 

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, en rolda de prensa na sede do BNG.
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, en rolda de prensa na sede do BNG. | Fonte: Europa Press

CANDIDATURAS

Sobre a candidatura nacionalista dixo que será "de excelencia, combinando renovación e experiencia" e con persoas procedentes "de todos os ámbitos e sectores que representen a realidade deste país". Persoas "honestas, competentes e solventes, reflexo do futuro da Galicia" que o BNG "quere construír". Nestas candidaturas estará reservado un "papel moi destacado" para as mulleres, que son "panca para desenvolver políticas de igualdade e feministas", coa incorporación de xente nova.

O BNG prepara unha campaña de "proximidade", de "falar cada a cara, moito coa xente, petando na porta". As cidades terán un "papel destacado, pero será a campaña dos pobos" tamén, detallou Ana Pontón. Así, o rural terá o "peso que se merece" nunha campaña que, pola contra, "perdería parte da súa identidade".

"PROPAGANDA E MENTIRA" DE FEIJÓO

Neste sentido, avisou ao PP e a Feijóo de que o BNG "non vai deixar pasar por alto" a "propaganda e o engano". Ao seu xuízo, ao presidente da Xunta "cústalle saír dese marco", pero considerou que os galegos "teñen dereito a unha campaña libre de mentiras".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Ana

Concentrade o voto no BNG pois é o unico partido que reune proxecto, xestion, unha boa candidata. O resto son todos mais do mesmo: sumision ao que lles dicten dende Madrid. Se queredes deixar de emigrar ou deixar de pagar caros peaxes precisamos unha tarifa electrica galega (para que as empresas non marchen) e traspaso do AP-9. Iso so o conseguira un goberno do BNG sen ataduras con Madrid.

1 Icía

Os partidos vellos son sistema. Todos. Os corruptos de sempre PP-Vox-Ciudadanos e PsoE. E os cómplices necesarios do PsoEspañol que son UpG-BNG e PcE-IU Podemos. Necesitamos acabar cos vellos. Os maiores condénannos á miséria, a pobreza e a emigrar. Que vergoña de maiores.

1 Caneda

A que non se quere xuntar con ninguén, excepto co PSOE, advertindo sobre a división da esquerda. Non se pode ter máis papo.

1 Canta razón tedes

Certo, é moi mala non se quere xuntar cos que se dividen moitas veces e arman follón e agora van sacar 0, que sectaria, cando lle debía de reservar os postos nas listas a todos eses galos sen poleiro como seguro que farías ti

2 Tirsopaio

Ao BNG non lle importa a xente que sufre. Ao BNG só lle importa o BNG. Dálles igual quen goberne mentras sigan na poltrona cobrando subvencións para manter os chiringuitos e as liberacións hereditarias.