Os concertos lusófonos da V Semana de Converxencias entre Portugal e Galicia

Santiago, Padrón e Ponteareas acollerán música de artistas galegos e portugueses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O próximo 23 de febreiro terá lugar a V Semana de Converxencias entre Portugal e Galicia que contará con concertos de artistas galegos e portugueses nas cidades de Santiago, Padrón e Ponteareas, a cal se inclúe por primeira vez nesta edición.

En concreto, o evento, que conta tamén con presentacións de libros, faladoiros e obras de teatro en Braga, acollerá concertos de artistas portugueses e galegos en Ponteareas e Santiago os días 28 e 29 de febreiro e desenvolverá o seu acto de clausura na Casa de Rosalía en Padrón, no que a música será tamén a protagonista.

Así o anunciaron este luns os coordinadores do evento, Xaime Torres e Fernando Pena, na presentación pública desta cita á que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Nela, os organizadores valoraron o crecemento do que empezou sendo unha semana de "festa ao redor da música e a poesía" de ambos os territorios creada pola Fundación Rosalía de Castro, artista galega cuxo aniversario de nacemento se conmemora todos os anos no evento xunto coa efeméride do artista portugués Zeca Afonso.

Actualmente, a semana, na que tamén colabora a Universidade de Minho, converteuse en "case un mes de converxencias" como sinalou Valentín García. Así, na localidade portuguesa de Braga xa se están levando a cabo diferentes eventos como a exposición de 'Instrumentos Musicais Populares do Noroeste Peninsular' ou o Ciclo de Cinema Documental Galego que este luns acolle a súa segunda sesión.

O secretario Xeral de Política Linguistica, Valentín García, presentou este luns o V Semana de Converxencias Portugal-Galiza. XUNTA
O secretario Xeral de Política Linguistica, Valentín García, presentou este luns o V Semana de Converxencias Portugal-Galiza. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta