Brote de hepatite A nun colexio de Lalín

A Consellería de Sanidade recomenda a vacinación aínda que non informa da orixe da infección. Hai seis alumnos infectados e catro adultos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2020 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade detectou un brote de hepatite A nun colexio do municipio pontevedrés de Lalín, polo que recomenda vacinarse por ser "a mellor protección" fronte a esta enfermidade. A Xunta agarda controlar a infección que afecta xa a seis casos en escolares e catro en adultos confirmados.

Segundo informou Sanidade, o centro de saúde de Lalín xa comezou este luns a vacinación de hepatite A recomendada aos escolares, docentes e familiares directos do CEIP Xesús Golmar. O pasado venres, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra remitiu unha carta aos familiares e docentes a través da dirección do centro escolar na que especificaba a recomendación da vacinación e outra información sobre a enfermidade, sintomatoloxía e como previr o contaxio, indicaron as mesmas fontes.

CEIP Xesús Golmar de Lalín
CEIP Xesús Golmar de Lalín | Fonte: Xunta.gal

A Consellería de Sanidade espera controlar coa vacinación o brote. En concreto, o Sergas destina tres profesionais de enfermaría a realizar a vacinación en quendas de mañá e tarde desde este luns, día 17, e ata o próximo día 28 de febreiro.

Ademais, convocouse aos escolares, docentes e familias a unha reunión na tarde deste luns con persoal de Saúde Pública e do centro de saúde da localidade "para aclarar todas as dúbidas", manifestou a Consellería.

ORIXE DO BROTE

O Sergas non deu información algunha sobre a orixe deste brote. Con todo, a hepatite A contáxiase ou ben polo contacto con excremento dunha evacuación intestinal ou a través das relacións sexuais. O máis probable é que no caso de Lalín sexa a través do primeiro caso.

Así, este brote poido darse por contacto con excrementos contaminados cando se lle cambiou o cueiro a un bebé infectado, e logo comer ou beber coas mans sucias. Pero o máis probable é comer alimentos preparados por alguén que tocou excremento infectados ou beber auga contaminada con excremento infectado.

SÍNTOMAS E PROTECCIÓN

Sanidade concretou que a hepatite A é unha enfermidade infecciosa aguda producida polo virus VHA. As manifestacións da infección abarcan desde un período de síntomas inespecíficos, como a falta de apetito, náuseas e malestar xeral, ata a ictericia --cor amarela na pel e mucosas-- e signos de lesión hepática.

A duración dos síntomas é variable, puntualiza Sanidade, de entre unha e dúas semanas, ata "varios meses nas formas graves". "Non se sabe que se produza infección crónica", matiza.

A enfermidade, que ten un período de incubación de entre 15 e 50 días, coa media en 28-30 días, "adoita ser moi leve en nenos e máis grave nos adultos", especifica a Consellería.

Por todo iso, subliña Sanidade que a "mellor protección fronte á hepatite A é a vacinación", recomendada nos contactos estreitos dos enfermos e en certos grupos de risco. "Para evitar contagios é importante a hixiene de mans", conclúe.

SÍNTOMAS E PROTECCIÓN

Sanidade concretou que a hepatite A é unha enfermidade infecciosa aguda producida polo virus VHA. As manifestacións da infección abarcan desde un período de síntomas inespecíficos, como a falta de apetito, náuseas e malestar xeral, ata a ictericia --cor amarela na pel e mucosas-- e signos de lesión hepática.

A duración dos síntomas é variable, puntualiza Sanidade, de entre unha e dúas semanas, ata "varios meses nas formas graves". "Non se sabe que se produza infección crónica", matiza. A enfermidade, que ten un período de incubación de entre 15 e 50 días, coa media en 28-30 días, "adoita ser moi leve en nenos e máis grave nos adultos", especifica a Consellería.

Por todo iso, subliña Sanidade que a "mellor protección fronte á hepatite A é a vacinación", recomendada nos contactos estreitos dos enfermos e en certos grupos de risco. "Para evitar contagios é importante a hixiene de mans", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta