Rosalía de Castro, 'trending topic' por non aparecer como personaxe relevante da historia de España

As redes sociais ferven con críticas por un mapa do ABC sobre os "españoles más relevantes, por provincia", e no que se inclúe a Rajoy, Fraga, Franco e Feijóo en Galicia.

Por Raúl Novoa | Santiago de Compostela | 18/02/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O diario español ABC realizou unha infografía sobre as personaxes máis relevantes da historia de España por provincia. Fixéronno baseándose na cantidade de referencias na Wikipedia. Felipe II, Francisco Franco e Felipe IV, considéranse como as figuras máis importantes dentro da historia do Estado.

Mapa por provincias das personaxes máis relevantes da historia de España. // ABC. Recuperado de Twitter
Mapa por provincias das personaxes máis relevantes da historia de España. // ABC. Recuperado de Twitter

Pero en Galicia, destaca a presenza, ademais do ditador Franco (A Coruña), de tres dirixentes vinculados directamente ao Partido Popular como son Fraga (Lugo), Feijóo (Ourense) e Mariano Rajoy (Pontevedra). Por isto, suscitou numerosas críticas dos usuarios de Twitter en canto aos criterios de selección destas personaxes.

Sobre todo, houbo queixas na selección dos representantes galegos, xa que aparecen catro figuras representativas da dereita ou ultradereita española e non unha figura da literatura histórica galega e española coma Rosalía de Castro. Desta maneira, a escritora galega converteuse en Trending Topic no conxunto do estado durante este martes.

Así, houbo reaccións tanto de galegos coma de usuarios de toda España. Moitos, fixeron as súas propostas para cada provincia. Con figuras coma a propia Rosalía, Tósar, Adolfo Domínguez, Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Pablo Iglesias, Castelao, entre outros.

Ademais, houbo reaccións á escasísima presenza de mulleres, xa que só aparece representada a raíña Isabel II. O político Rafael Cuíña (ex do PP e líder de Compromiso por Lalín) tamén se pronunciou sobre as abundantes referencias masculinas. Cun ton de brincadeira, expresou na súa conta persoal de Twitter: "Todo pirolos", adxuntado da imaxe do mapa de España das devanditas figuras históricas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tatata

E que vas esperar do ABC e de benito trepa(do)?