Por Raúl Novoa | Santiago de Compostela | 18/02/2020 | Actualizada ás 14:00
O diario español ABC realizou unha infografía sobre as personaxes máis relevantes da historia de España por provincia. Fixéronno baseándose na cantidade de referencias na Wikipedia. Felipe II, Francisco Franco e Felipe IV, considéranse como as figuras máis importantes dentro da historia do Estado.
Pero en Galicia, destaca a presenza, ademais do ditador Franco (A Coruña), de tres dirixentes vinculados directamente ao Partido Popular como son Fraga (Lugo), Feijóo (Ourense) e Mariano Rajoy (Pontevedra). Por isto, suscitou numerosas críticas dos usuarios de Twitter en canto aos criterios de selección destas personaxes.
Sobre todo, houbo queixas na selección dos representantes galegos, xa que aparecen catro figuras representativas da dereita ou ultradereita española e non unha figura da literatura histórica galega e española coma Rosalía de Castro. Desta maneira, a escritora galega converteuse en Trending Topic no conxunto do estado durante este martes.
Así, houbo reaccións tanto de galegos coma de usuarios de toda España. Moitos, fixeron as súas propostas para cada provincia. Con figuras coma a propia Rosalía, Tósar, Adolfo Domínguez, Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Pablo Iglesias, Castelao, entre outros.
A Coruña: Rosalía de Castro
Lugo: Luís Tosar
Ourense: Adolfo Domínguez
Pontevedra: Valle-Inclán
Non era tan difícil https://t.co/2YbYw5D5uV— xiselia (@Mia_Burnham) February 18, 2020Rosalía de Castro.
No había más gallegos? Valle-Inclán, Rosalia De Castro, Emília Pardo Bazan...
— 💙Pucho 💯💚 (@puchovic) February 18, 2020
Y en Valencia el Cardenal Tarancon? Blasco Ibañez, Sorolla...
Joder con el ABC, ¡me cago en mi manto. https://t.co/D1j0fLAnl0
No estoy nada de acuerdo con esos "4 gallegos ilustres". De Galicia son Luis Tosar, Javier Gomez Noya, Luis Suárez, Rosalia De Castro, Valle Inclán, Manuel Rivas, Pablo Iglesias, Torrente Ballester, Camilo José Cela...y puedo seguir.
— Santiago Suárez (@santisuag) February 18, 2020
Ademais, houbo reaccións á escasísima presenza de mulleres, xa que só aparece representada a raíña Isabel II. O político Rafael Cuíña (ex do PP e líder de Compromiso por Lalín) tamén se pronunciou sobre as abundantes referencias masculinas. Cun ton de brincadeira, expresou na súa conta persoal de Twitter: "Todo pirolos", adxuntado da imaxe do mapa de España das devanditas figuras históricas.
Todo pirolos pic.twitter.com/SbPkoDNfAp
— Rafa Cuiña (@Rafiklalin) February 17, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.