O Festival Atlántica dedica a súa VII edición ao 70 aniversario de Editorial Galaxia

A cita inclúe unhas 60 funcións, case todas gratuítas, que terán lugar en 10 localidades galegas durante a semana do 11 ao 20 de marzo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2020 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O VII Festival Internacional Atlántica volverá ser "punto de encontro" para os lugares unidos pola tradición oral de Sudamérica e España nunha edición dedicada ao 70 aniversario de Editorial Galaxia.

Presentación do Festival Atlántica.
Presentación do Festival Atlántica.

O evento terá lugar entre os días 11 e 20 de marzo e contará con 54 funcións repartidas nas localidades galegas de Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Lugo, Pazos de Borbén, Bertamiráns e Santiago. Todas elas serán gratuítas excepto as galas que se celebrarán no Teatro Principal da capital galega, que acollerá case 30 actos.

Diso informou este martes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, xunto coa directora do festival, Soledad Felloza, quen destacou a "recuperación" nesta edición do nomeado a Mellor Actor Revelación nos Premios Goya, Santi Prego.

Así mesmo, case 30 narradores de Galicia, Colombia, Brasil, Venezuela e do interior de España como Zamora ou Huesca daranse cita nun festival co que Felloza pretende "reivindicar a narración oral como unha arte".

O festival, promovido tamén pola Xunta e a Deputación da Coruña, forma parte do Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural, que recolle "exemplos inspiradores" para traballar nese ámbito, tal e como destacou o responsable de Cultura de institución coruñesa, Xurxo Couto.

Ademais, o deputado mostrou o seu "total apoio" a eventos culturais como o Atlántica que "son parte da identidade e do desenvolvemento económico" de Compostela e indicou que desde a Deputación dedicarán este ano un millón de euros para promover estas accións que, engadiu, son "fundamentais para promover" a cultura galega e, sobre todo, "crear novos públicos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta