Tres persoas atropeladas á mesma hora en Fene e Vigo

Dúas persoas resultaron feridas en Fene e outra en Vigo ás 19.30 horas deste martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron atropeladas á mesma hora deste martes, ás 19.30, en senllos accidentes en Fene e en Vigo. Así, Dúas persoas, unha muller e un home, foron atropeladas en Fene e outro home, tamén resultou ferido logo de que un coche o levara por diante tras un accidente en Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, o atropelo a dúas persoas en Fene tivo lugar na Avenida do Marqués de Figueroa, e ao lugar desprazouse unha ambulancia e un equipo sanitario de Atención Primaria que atendeu a unha muller I.E.R., de 34 anos, e a un home J.M.C.G., de 49 anos, que foron evacuados ao Hospital Juan Cardona, confirmaron fontes sanitarias a Europa Press.

Paso de peóns
Paso de peóns | Fonte: EP

VIGO

Por outra banda, tres persoas, dous homes e unha muller, resultaron feridas tras chocar dous turismos na cidade de Vigo e atropelar despois un deles a un home.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 19,30 horas deste martes tivo lugar na Avenida da Atlántida, en Vigo, un choque entre dous turismos e un home foi atropelado por mor da colisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta