Xunta e Comisión Fulbright convocan cinco bolsas do campo das artes en Estados Unidos

Son paa estudos, estancias ou investigacións en centros dos EE.UU.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director executivo de Fulbright España, Alberto López, asinaron este mércores un convenio de colaboración grazas ao que se ofertarán cinco bolsas para realizar estudos, estancias ou investigacións en centros de Estados Unidos no campo das artes.

Tras a firma, Román Rodríguez destacou que Galicia é a primeira comunidade autónoma que subscribe un acordo deste tipo coa Comisión Fulbright, responsable de "unha das bolsas máis prestixiosas do mundo" e que son "un exemplo de excelencia académica, creativa e profesional".

O convenio contempla a realización de diferentes accións de formación, intercambio e fomento da cultura por parte de artistas galegos, que, grazas ás bolsas, desenvolverán esta actividade en centros norteamericanos de referencia.

Dotado cun importe global de 140.000 euros para 2020 e 2021, o programa cubrirá os gastos de viaxe, mantemento do bolseiro, gastos de proxecto, de matrícula e taxas obrigatorias que poidan existir, así como gastos de xestión. Pola súa banda, a Comisión Fulbright colaborará economicamente cunha achega de 50.010 euros correspondente a gastos de cobertura médica e de accidentes dos bolseiros durante a súa estancia no estranxeiro, entre outras cuestións.

Xunta e Fundación Fulbright convocan cinco bolsas para estancias formativas no campo da arte en Estados Unidos.
Xunta e Fundación Fulbright convocan cinco bolsas para estancias formativas no campo da arte en Estados Unidos. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta