O BNG quere unha lexislatura que aposte pola "conciliación" familiar

Ana Pontón asegura que a educación de 0 a 3 anos debe estar incluída no servizo educativo, con prazas para "toda a demanda" que haxa e que sexa "gratuíta" para todos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifestou que quere que a próxima lexislatura aposte pola "conciliación" e que a etapa de 0 a 3 anos se integre na etapa educativa con plena gratuidade para todas as familias.

Nunha visita á escola infantil municipal 'O Bosque', en Bertamiráns --concello de Ames--, Pontón dixo que, se xa era "moi consciente" das necesidades de servizos públicos e a aposta pola conciliación, no último mes --en que foi nai-- teno "moito máis claro".

A dirixente nacionalista denunciou que nesta lexislatura presidida por Alberto Núñez Feijóo que agora termina "non se atendeu a crecente demanda de servizos de conciliación" e apostouse "polo ámbito privado".

Por iso, sinalou que os galegos teñen no 5 de abril a oportunidade de facer da "conciliación e corresponsabilidade do eixo de acción do próximo goberno". Neste sentido, afirmou que, como candidata á Xunta, fará unha "aposta pola conciliación dos servizos públicos de calidade".

O BNG quere que a educación de 0 a 3 anos estea incluída no servizo educativo, con prazas para "toda a demanda" que haxa e que sexa "gratuíta" para todos.

"PROXECTO SÓLIDO"

Ana Pontón destacou que o próximo 5 de abril é unha "cita relevante" para "abrir un tempo novo da man do BNG, coa convicción de que o BNG ten "un proxecto para Galicia" cunhas "candidaturas de excelencia". "Temos un proxecto sólido, de país e o 5 de abril vai ser un día en que se produza un cambio en clave galega", aseverou.

A líder nacionalista quere "deixar atrás a década nefasta" do BNG e "abrir un tempo novo" da man dos nacionalistas, coa "convicción de que poden facer as cousas mellor para este país".

A portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e deputada no Parlamento de Galicia, Ana Pontón, durante unha entrevista con Europa Press no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela a 2 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
A portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e deputada no Parlamento de Galicia, Ana Pontón, durante unha entrevista con Europa Press no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela a 2 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

As nais serodias descrubren o mundo (tarde) !