O debate electoral xa ten data: 23 de marzo en horario de máxima audiencia

A CRTVG poñerase en contacto cos representantes dos grupos políticos para achegarlles "o plan de cobertura completo" e "para ter un encontro de traballo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) convida as "principais forzas políticas galegas" a un debate electoral o luns 23 de marzo, tras o primeiro fin de semana da campaña con motivo das eleccións autonómicas do 5 de abril.

Segundo informou a CRTVG, este debate terá lugar na sede dos medios públicos galegos en San Marcos "en horario de máxima audiencia" e será retransmitido pola TVG e a Radio Galega, así como en soportes dixitais.

A CRTVG explica que unha vez que se publiquen as candidaturas definitivas que optarán aos comicios do 5 de abril --o prazo de presentación de coalicións finaliza este venres e o das candidaturas o 2 de marzo--, a Corporación porase en contacto cos representantes dos grupos políticos para achegarlles "o plan de cobertura completo" e "para ter un encontro de traballo".

O debate, destacan as mesmas fontes, será accesible en lingua de signos. Ademais, a CRTVG facilitará o sinal do evento a todos os medios interesados na súa difusión.

O candidato do PSdeG e líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, retou hai uns días ao aspirante do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, a unha cara a cara, tras o que a candidata do BNG, Ana Pontón, expresou o seu desacordo por "limitar o pluralismo nos debates".

Debate electoral na TVG
Debate electoral na TVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta