Monster Magnet chegan por primeira vez a Galicia directos dende New Jersey

Os galegos Grima abrirán o show para o conxunto na sala Capitol compostelá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Os americanos Monster Magnet están de celebración. A súa obra 'Powertrip', peza clave na súa traxectoria, cumpre xa 22 anos e a banda de New Jersey embarcouse nunha xira internacional dedicada especialmente a repasar e lembrar os grandes éxitos deste disco, xunto a outras das cancións máis memorables da súa discografía.

Galicia non se perderá esta festa e a banda decidiu traer a súa celebración de rock psicodélico e space rock como parte do seu paso pola Península nesta xira especial. O concerto celebrarase este venres, 21 de febreiro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Os de New Jersey estarán acompañados, ademais, dos galegos 'Grima', un dúo afincado en Pontevedra que abrirá o show co mellor rock, metal e espírito con selo nacional. Eles arrincarán a noite compostelá a partir das 21,30 horas, para despois dar paso ao grupo liderado polo carismático Dave Wyndorf.

Monster Magnet chega a Santiago de Compostela, ademais, ás portas dun Ano Xacobeo para repasar os grandes himnos que marcaron a súa carreira, como 'Space Lord', 'Amorne of Your Dreams' ou 'Tractor' e que permanecen na memoria dos seus seguidores, e que pegaron moi forte nos anos 90.

Fundados a finais dos 80, os de Wyndorf son un dos máximos expoñentes do rock psicodélico, fortemente influenciados por grandes nomes como Hawkwind ou Black Sabbath, o space rock da década do setenta e mesmo o punk-rock.

DO STONER AO SPACEROCK

Wyndorf é coñecido por plasmar nas súas letras a súa paixón polos cómics de Jack Kirby. Esta influencia tivo unha presenza especial na evolución do son da banda desde o son máis 'stoner' e psicodélico do 'Spine of God', unha das súas obras máis destacadas e que deixou clásicos como 'Nod Scene' ou 'Medicine', a outras grandes pezas como 'Dopes to Infinity'.

'Powertrip' (1998), con 20 anos ás súas costas, foi o disco que os levou á fama e un dos seus maiores éxitos comerciais, alcanzando o circuíto máis 'mainstream' e a 'MTV', co coñecido videoclip do seu himno 'Spacelord'.

Tras o seu paso por Santiago, Monster Magnet continuará a súa xira estatal por Madrid, ao día seguinte, na Sala Mon, e o domingo en Barcelona (na sala Razzmatazz 2).

A banda Monster Magnet nun dos seus últimos videoclips. MONSTER MAGNET
A banda Monster Magnet nun dos seus últimos videoclips. MONSTER MAGNET | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta