O BNG aposta por converter as reivindicacións do 8M en "cambios reais" a partir das eleccións

Aseguran que "é a hora do feminismo" e fan un chamamento para lograr un Día da Muller "histórico". Demandan a creación "dunha nova lei de Igualdade que supere á de 2004, que se adapte á realidade actual" e "pivote sobre a fomentación da corresponsabilidade" nos coidados entre o home e a muller, así como o "despregamento dunha rede de servizos públicos que garanta a conciliación real".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

As deputadas nacionalistas Olalla Rodil e Noa Presas marcan no calendario o próximo 8 de marzo como "o comezo" para traducir as reivindicacións do Día da Muller "en cambios reais" a partir da celebración das eleccións en Galicia o 5 de abril.

Desde o BNG están convencidos de que "é a hora do feminismo" e que o 8 de marzo debe imitar as mobilizacións do tres pasados anos, nas que Galicia "protagonizou importantes paróns" e grandes manifestacións en 2017, 2018 e 2019, proclamaron Rodil e Presas este xoves ante os medios de comunicación.

Baixo a lema: "É a nosa hora de conquistar dereitos, é hora de corresponsabilidade nos coidados, é hora de igualdade salarial, é hora de que só si sexa si e é hora de feminismo", o partido sitúase á beira do movemento feminista e chama á mobilización desde "todas as localidades e comarcas". Apuntan ao 1 de marzo como a antesala dun 8M "histórico". Ese día a plataforma 'Galegas 8M' convoca unha manifestación en Verín para a que se mobilizarán buses desde distintos puntos da Comunidade e na que se visibilizará que "sen coidados non hai vida".

Neste sentido, o Bloque considera a capital da comarca de Monterrei como un "símbolo feminista e dos dereitos das mulleres". Defenden que o demostraron coa resposta social ante o peche do paridoiro do hospital e as urxencias pediátricas o pasado decembro.

EIXOS PROGRAMÁTICOS

Desde esta perspectiva, ratificaron o seu compromiso "como forza política" de "contribuír" ao movemento feminista "levando as prioridades do 8M ao programa" do partido.

En concreto, Olalla Rodil trasladou tres ideas que constitúen "os eixos programáticos" do BNG. O primeiro será a creación de "unha nova lei de Igualdade que supere á de 2004, que se adapte á realidade actual" e "pivote sobre a fomentación da corresponsabilidade" nos coidados entre o home e a muller, así como o "despregamento dunha rede de servizos públicos que garanta a conciliación real".

Manifestación 8 marzo en Santiago
Manifestación 8 marzo en Santiago | Fonte: Cedida Anova

O obxectivo é "visibilizar as condicións laborais" das traballadoras que se dedican ao coidado de persoas dependentes para así "garantir" un emprego "digno e xusto" que se axuste aos seus convenios colectivos.

A terceira medida pasa por crear unha Valedoría da Igualdade que "garanta combater calquera forma de discriminación contra as mulleres" tanto no ámbito público como privado. Manifestan que debe ter capacidade para "sancionar organismos que vulneren os dereitos salariais ou laborais" das mulleres.

O BNG presenta a súa campaña para o 8M deste 2020
O BNG presenta a súa campaña para o 8M deste 2020 | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta