O xulgado admite que a Deputación da Coruña interveña no proceso sobre a propiedade do Pazo de Meirás

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña acordou nun auto aceptar a solicitude da Deputación Provincial da Coruña para intervir no proceso iniciado polo Estado o pasado mes de xullo para reclamarlle á familia Franco a propiedade do Pazo de Meirás.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: Europa Press.

Do mesmo xeito que o admitido o pasado mes de setembro con respecto ao Concello de Sada e á Xunta de Galicia, a administración provincial adhírese así ao procedemento xudicial como "coadxuvante adhesiva simple", isto é, sen carácter autónomo, pois "a súa lexitimación para intervir está subordinada á parte demandante, é dicir, ao Estado", explican fontes xudiciais.

A maxistrada recoñece no auto que a Deputación da Coruña ten "un interese" directo e "lexítimo" na causa e, á hora de acordar a súa intervención no proceso, tivo en conta o documento presentado na demanda, de data 28 de marzo de 1938, no que consta que a cidade e provincia da Coruña fixeron "a ofrenda doazón das Torres de Meirás" a Francisco Franco.

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña fixou os días 6, 7, 8, 9 e 10 de xullo, ás 09,30 horas, como datas para a celebración do xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta