Temas: BNG

O BNG "asistirá a todos os debates" electorais que se convoquen

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

A deputada e membro da Executiva Nacional do BNG Olalla Rodil manifestou que a formación nacionalista "asistirá a todos os debates" electorais que se convoquen, porque son "un dereito dos cidadáns".

Olalla Rodil.
Olalla Rodil.

"Estamos encantadas", sinalou Olalla Rodil, quen lembrou que o Bloque xa fixera estes días unha proposta pública para "garantir a pluralidade política que existe en Galicia" e que haxa un debate en hora de máxima audiencia.

"Cantos máis debates, mellor. O BNG asistirá a todos, son un dereito dos cidadáns, que merecen coñecer de primeira man os programas dos partidos que se presentan ás eleccións", aseverou.

Olalla Rodil incidiu en que o BNG o proxecto con "a candidata mellor valorada". "Temos que vernos reflectidos nestes debates", remarcou.

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta