A competición polo"mellor banco de Galicia" estraga uns petróglifos en Noia

Os debuxos, ata agora descoñecidos, están moi erosionados pero son visibles a plena a luz do día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Un banco feito sobre un petróglifo. Esta é a imaxe que se atopou un grupo de membros do colectivo A Rula durante unha prospección pasiva no Monte San Lois, no municipio de Noia, que xa denunciou o caso ante a Dirección Xeral de Patrimonio.

O colectivo estaba a realizar unha visita ao Monte San Lois para buscar conexións visuais entre este punto e o Monte Louro. Alí, nun espazo que destaca pola vista ao propio monte, o Concello limpou a zona e chantou un banco sobre unha pedra no chan.

Este banco instalouse sobre unha pía natural na que se conservan uns gravados que non están catalogados. Os debuxos, ata agora descoñecidos, están moi erosionados pero son visibles a plena a luz do día. Luís Leclere, presidente do colectivo, explicou en declaracións a Europa Press, que os membros da asociación realizaron un estudo da zona e dos propios debuxos na pedra para informar o caso a Patrimonio, co fin de que se valore a súa catalogación e reverta esta situación.

Un dos puntos máis preocupantes deste descubrimento, engadiu Leclere, é que o petróglifo se sitúa nunha zona "de cautela" do Castro do Monte San Lois, un ben "que si está catalogado". Por tanto, a actuación executada na zona "debería ter unha autorización" da Dirección Xeral de Patrimonio e debería informarse para realizar un control arqueolóxico previo.

O colectivo xa localizara unha referencia en 2010 dun gravado moderno imitando petróglifos no monte San Lois, que consistía nunha suposta espiral, aínda que aparentemente quedou destruído por unhas actuacións na ampliación das marxes dunha estrada. Nesta ocasión, os petróglifos achados serían "os primeiros coñecidos" na área de influencia do Concello de Noia.

Banco instalado sobre un petróglifo sen catalogar no Monte San Lois, de Noia. CEDIDA POLO COLECTIVO A RULA
Banco instalado sobre un petróglifo sen catalogar no Monte San Lois, de Noia. CEDIDA POLO COLECTIVO A RULA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Sentidiño

Multar o xefe da cuadrilla e inhabilitar o alcalde e o concelleiro irresponsábel. Veña, xuíz Villares, xa tes traballo...

2 Bancos guau

É difícil atopar en Europa tantas toneladas físicas (nunca mellor dito vendo os nosos conxéneres) de ignorancia. Estulticia en estado puro, conxéneres rozando o límite da intelixencia. A ninguén lle pode parecer mal, só describo a realidade.

1 caxancran

apoio a mocion ao cen por cento.

1 RTxG

Viva o analfabetismo! Esta é a Galiza real, a da quem tenhem o poder, barbárie e auto-odio. A seguir votando PPSOE.