Temas: ARNOIA

O primeiro proxecto piloto de polígono agrario en Galicia terá 43,6 hectáreas no concello de Arnoia

Serán 1.481 parcelas de 276 propietarios que se destinarán fundamentalmente a produción hortícola e vitivinícola.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O primeiro proxecto piloto de polígono agrario en Galicia terá lugar en 43,6 hectáreas en Remuíño, no municipio ourensán de Arnoia, correspondentes a 1.481 parcelas de 276 propietarios que se destinarán fundamentalmente a produción hortícola e vitivinícola.

José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural, presidiu este xoves o Consello Reitor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), e valorou que este exemplo en Arnoia supón o do "minifundismo por excelencia".

Parroquia de Remuíño, en Arnoia
Parroquia de Remuíño, en Arnoia | Fonte: Snowball en Galipedia.

"Fomos capaces de pór de acordo a todos eses propietarios para que agora aluguen esas leiras a un ou varios destinatarios que van desenvolver actividade agrogandeira", apunta o conselleiro.

Coa colaboración do Banco de Terras para abordar esta oportunidade cos propietarios, os donos destas parcelas "pasan de pagar por rozar a cobrar por alugar".

CINCO NOVAS ALDEAS MODELO

Ademais, Agader aprobou a declaración de cinco novas aldeas modelo nas provincias de Ourense e Lugo. En concreto, trátase de Parada dos Montes, no municipio da Pobra do Brollón (con 75 propietarios en 15 hectáreas); Moreda, Folgoso do Courel (con sete propietarios en 37 parcelas); Reboredo, Pereiro de Aguiar (con 111 propietarios en 11,77 hectáreas); Xacebáns, Quintela de Leirado (con 132 propietarios e 32,7 hectáreas); Trelle, Toén (con 176 propietarios e 29 hectáreas).

Respecto diso, o conselleiro de Medio Rural sinala que se recibiron xa 60 solicitudes para pór en marcha aldeas modelo, das que están en trámite máis de 20. Así, prevense alcanzar este ano un milleiro de hectáreas, con 4.500 propietarios e 18.000 leiras.

Temas: ARNOIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta