As vendas do sector servizos en Galicia creceron un 4,2% en 2019

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O sector servizos rexistrou en 2019 un aumento medio da súa facturación en Galicia o 4,2%, por encima da media a nivel nacional, segundo os datos difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, as vendas soben por sexto ano consecutivo na Comunidade, aínda que o fan a menor ritmo que en 2017 (7,9%), 2016 (8,9%) ou 2018 (5,1%). O último dato negativo produciuse en 2013. Por outra banda, a ocupación neste sector creceu en Galicia o ano pasado unha media de 1,3 puntos, lixeiramente inferior ao 1,6% do conxunto do Estado.

Na mesma liña, tamén é o sexto ano consecutivo cunha subida na ocupación nos servizos, aínda que por baixo dos datos de 2017 (+2,2%), 2016 (2,6%) ou 2018 (2,1%).

A nivel estatal, o sector servizos rexistrou en 2019 un aumento medio da súa facturación do 3,9%, o seu sexto incremento anual consecutivo, mentres que o emprego creceu un 1,6%, tamén o seu sexto incremento anual consecutivo, aínda que algo máis moderado que o conseguido en 2018.ra (+2%).

O sector servizos crece en Canarias un 1,2% en 2019
O sector servizos crece en Canarias un 1,2% en 2019 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta