As mulleres teñen seis anos máis de esperanza de vida que os homes en Galicia

En conxunto crece ata os 83,34 anos, dous anos máis que no 2008

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A esperanza de vida dun neno nado en Galicia no ano 2018 é de 83,34 anos, 0,22 anos máis que a esperada un ano antes e a máis alta de toda a serie histórica, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Así, a esperanza de vida en Galicia pasou dos 83,12 anos en 2017 aos 83,34 anos en 2018 e aumentou dous anos desde os datos de 2008. É o valor máis alto de toda a serie rexistrada polo IGE. Ademais, estes datos experimentaron un aumento tanto no caso das mulleres, cuxa esperanza de vida sitúase nos 86,4 anos, como dos homes, que están nos 80,18 anos.

Por provincias, a esperanza de vida máis elevada está en Ourense, cunha media de 83,69 anos; seguida de Pontevedra, con 83,67; Lugo, con 83,25; e A Coruña, onde a esperanza de vida é de 82,96 anos.

Por outra banda, a esperanza de vida aos 65 anos, entendida como a media de anos que quedan por vivir a unha persoa que cumpre esta idade, sitúase en Galicia nos 21,61 anos en 2018, por encima dos 21,45 do ano anterior.

Tamén a esperanza de vida ao cumprir 80 anos crece na Comunidade, pasando dos 10,04 anos de 2017 aos 10,41 anos de 2018. En todos os casos, os datos son máis elevados no caso das mulleres.

Anciáns
Anciáns | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manuel Borte

Entre homes e mulleres hai diferenzas na esperanza de vida. Entre niveis de ingresos? Entre persoas con discapacidade? Entre municipios?