Inés Rey reivindica A Coruña como un lugar que "non se dobrega" nun acto conmemorativo do Trienio Liberal

Por E.P. | A CORUÑA | 21/02/2020 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, descubriu este mediodía, na praza da Constitución, unha placa conmemorativa dos 200 anos do Trienio Liberal, en que a cidade foi protagonista ao darse unha sublevación por parte dos civís e militares liberais contra o despotismo absolutista.

A alcaldesa, Inés Rei, no descubrimento dunha placa conmemorativa do Trienio Liberal. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rei, no descubrimento dunha placa conmemorativa do Trienio Liberal. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Foi tamén a primeira cidade insurrecta que seguiu os preceptos da Constitución de 1812. Por iso, celebrará esta efémeride con actos no transcurso de todo o ano.

No celebrado este venres, a alcaldesa reivindicou os "valores e a esencia" da Coruña, unha cidade "que non se dobrega nin renega dos seus principios", subliñou durante a súa intervención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta