O BNG pide ao Goberno medidas urxentes de saneamento para a Lagoa de Baldaio, en Carballo

A Xunta informou de que procederá nos "próximos días" á apertura desta lagoa co obxectivo de evitar futuras inundacións.

Por E.P. | Carballo | 21/02/2020 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica unha "solución rápida" para o "problema urxente" que ocorre na  Lagoa de Baldaio, no municipio coruñés de Carballo.

Praia de Baldaio
Praia de Baldaio | Fonte: Turismo.gal

Nun comunicado remitido aos medios, o parlamentario do Bloque pide ao ministerio que se poña en contacto coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta para coordinar a posta en marcha das medidas oportunas para solucionar o problema".

Precisamente, este venres, a Xunta informou de que procederá nos "próximos días" á apertura desta lagoa co obxectivo de evitar futuras inundacións nas inmediacións deste espazo natural e que estas poidan afectar tamén á explotación marisqueira que se fai na zona.

"Trátase dunha cuestión complexa, e na que, para respectar a protección ambiental, hai que actuar con prudencia", manifestou o deputado nacionalista, que sinala que son varias as administracións implicadas xa que teñen competencia a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, dependente do ministerio, e a Consellería de  Meduio Ambiente, da Xunta.

Segundo indicou Rego, esta lagoa caracterízase por ser de auga salgada, pois o mar penetra na terra e mestúrase coa auga doce que chega dos ríos da zona. Con todo, sinala que a  colmatación da lagoa cortou o fluxo das mareas de entrada e saída, o que provoca "graves inundacións" e outros problemas de carácter ecolóxico e económico.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta