Demandan que Cerceda e Ordes sexan incluídas na estratexia de transición xusta polo peche de Meirama

A CIG pide que Galicia sexa incluída no plan de acción urxente para que se asinen convenios similares aos pactados para Aragón, Asturias ou Castela e León.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A CIG demanda a inclusión inmediata de Cerceda e Ordes na estratexia de transición xusta polo peche da central térmica de Meirama.

O sindicato concentrouse este venres ante a central en Meirama para demandar alternativas que permitan o mantemento dos empregos e da actividade produtiva con "compromisos reais" tanto de Naturgy como das administracións.

De tal forma, require que Galicia sexa incluída no plan de acción urxente para que se asinen convenios similares aos pactados para Aragón, Asturias ou Castela e León.

"É fundamental que esta comarca estea incluída nestes plans, pero xa imos moi atrasado con respecto a outros territorios. "Se o Goberno español e a Xunta non dan pasos en serio neste camiño, estaremos en seria desvantaxe para poder acceder ás axudas consignadas para a transición xusta e para desenvolver proxectos de futuro", avisa.

Central térmica de Meirama. ALICERCE Ponche
Central térmica de Meirama. ALICERCE Ponche

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta