Buscan con guías caninos nun motel onde foi vista á moza desaparecida desde xaneiro en Ourense

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2020 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional colaboran este luns xunto a guías caninos na procura da moza Nerea Añel, de 26 anos, cuxa desaparición foi denunciada pola súa nai o pasado 5 de febreiro.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación a busca comezou sobre as 9,30 horas deste luns na zona do motel Cancún, na localidade ourensá de Barbadás, onde fora vista. Neste dispositivo, en concreto, participan, ademais de efectivos da Policía Nacional, Protección Civil e guías caninos do 112 Galicia, indicaron as mesmas fontes.

A moza Nerea Añel foi vista por última vez o pasado 20 de xaneiro en Ourense e a súa desaparición denunciouse o 5 de febreiro. En días anteriores, os labores de procura centráronse nunha zona de arboredo no Barrio de Covadonga.

A denuncia pola desaparición presentouna a nai da moza o pasado 5 febreiro e a investigación da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) localizou á última persoa, ata a data, que a viu o 20 de xaneiro. Os rastreos levan a cabo en zonas habituais onde adoitaba acudir esta moza, de 26 anos e veciña de Ourense, antes de desaparecer.

Imaxe da procura dunha persoa desaparecida. AXEGA
Imaxe da procura dunha persoa desaparecida. AXEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta