A Xunta sinalizará 600 quilómetros de estradas autonómicas como "rutas ciclistas protexidas"

En Galicia xa hai 8.000 federados a este deporte.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/02/2020 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia



A Xunta de Galicia sinalizará dez tramos de estradas autonómicas, que suman un total de 600 quilómetros, como rutas ciclistas protexidas. Trátase de zonas que no seu día foron identificadas, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Federción Galega de Ciclismo, como "especialmente transitadas por ciclistas" .

O Executivo autonómico publicou este luns no perfil do contratante da Axencia Galega de Infraestruturas a licitación para a sinalización destas rutas, nas que, a través dos sinais, lembráseselles aos condutores que deben de ter unha "especial atención" e manter o metro e medio de distancia nos adiantamentos a ciclistas.

O contrato, cun orzamento de 220.000 euros, inclúe a instalación de máis de 300 sinais que se situarán ao principio e ao final de cada ruta, ademais de naquelas interseccións con outras vías.

As empresas interesadas en concursar teñen ata o 23 de marzo para presentar as súas ofertas. A instalación dos sinais, segundo avanzou a conselleira de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, está prevista para os primeiros meses deste verán.

AUMENTA O USO DA BICICLETA

"Ningunha iniciativa da administración pode substituír á prudencia, concienciación e sensibilización de todos os que usamos as vías", indicou, Vázquez, que este luns mantivo unha reunión co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

Cada fin de semana máis de nove millóns de usuarios saen a rodar polas estradas españolas, comentou Muñiz, quen destaca que en Galicia cada vez úsase máis a bicicleta: "Fai cinco anos en Galicia tiñamos unhas 6.000 licenzas deportivas e agora estamos preto das 8.000".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta