CxG rexistra unha nova coalición tras fracasar o acordo co BNG aos que cualifica agora de "comunistas"

A formación de Xoán Carlos Piñeiro decidira integrarse nas listas do BNG nas pasadas xerais. Agora asina a coalición Nós-Galeguistas para ir co Partido Galeguista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/02/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia pasou dun trato idílico co BNG a case insultalos. O secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG), Xoán Carlos Piñeiro, acusou ao Bloque de impedir unha nova alianza e acusounos de ser "comunistas". Por iso, e tras non fructificar unha alianza por posicións de máximos “dos interlocutores",  CxG optou por presentarse co Partido Galeguista dentro da coalición Nós-Galeguistas.

Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

“Estamos esperando adhesións e dependendo de como vaian ditas adhesións, poderemos sufrir algún cambio no nome da coalición, depende da Mesa Electoral” di Piñeiro. A coalición Nós-Galeguistas, está rexistrada por un partido, Vía Nova, que está dentro de CxG.

“Estivemos falando con Coalición Galega, co Partido Galeguista e de momento só hai conversas, non coñecemos como iremos finalmente, se non progresa a idea de coalición, iremos como CxG” aclara Xoán Carlos Piñeiro.

Nun comunicado de Compromiso anunciando a coalición, declaran  que o obxectivo político deste proxecto “é aglutinar aquelas persoas que acreditan na capacidade autogoberno de  Galicia e non se senten representados polas forza de esquerda e comunistas”. Piñeiro declara sobre este punto que todo o mundo está por construir un espazo en Galicia que sexa un “soberanismo moderado”.

O BNG NON QUIXO DAR UN POSTO DE SAÍDA

Sobre a non concorrencia de CxG co BNG, como nas eleccións do 10N, Piñeiro aclara que “nestas eleccións do 5A xogabamos na casa e reclamamos ao Bloque ter dentro do seu grupo un representante de Compromiso no Parlamento galego”. Piñeiro afirma que isto sería sempre dentro da lealdade  e respecto ao grupo parlamentar. “O BNG ofreceu  postos tetemuñais nas listas do 5A e iso non é o que quería a nosa organización”.

Preguntado sobre se a non presentación de En Marea implicará que CxG ocupe o seu espectro electoral, o secretario xeral do partido galeguista declara que non buscan substituir a En Marea. “Nós somos un partido cunha estructura e a nosa idea é presentar esta ferramenta de coalición para que, quen queira, se sume en positivo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

10 Bateiro

Detrás desta xente están os que dende os anos 90 tentan de levar as siglas do Partido Galeguista para o pp, e se o poden facer con ruido melhor. Estiveron dentro do BNG, alí podían funcionar como partido, organizarse e medrar como organizazón. Non foron quen de artellarse nin dentro nin fora do BNG, entre outras por no ter ideoloxía nin outro ouxetivo que postos a costa dos outros. No BNG constanme moitos socialdemócratas, incluso liberais, que nos integraron sen nengún problema traballando xunto a UPG, pero tendo craro o proxeuto soberán da nazón galega.

9 Chesquinho

O BNG non cedeu á chantaxe. CxG sacou 3.000 votos e ten na sua direccion a un ex candidato a diputado por Vox. O BNG fixo ben e acabou con estes farsantes.

1 Roxalia

Soberbias blocallas aparte, 3.000 votos ou menos, son os que poden desnivelar a balanza entre un goberno de progreso e un bifachito PP-Vox. Se recunca Feijóo por eses 3.000 votos, o BNG vai ter que asumir a súa responsabilidade. Nas xerais non importou tanto no Bloque a presenza dese ex-Vox en CxG.

8 Bufff

Dentro de CxG hai outro partido chamado Vía Nova? E dentro deste haberá outro a xeito de matrioshka? Parafraseando Vicente Risco, o ideal do galeguismo parece ser que cada galego teña o seu proprio partido. Ou mellor un par deles, por se discrepa consigo mesmo e ten que escindirse.

7 xuntos mellor

é un-ha nova pésima para o nacionalismo galego.. !!!! o BNG ten que ser a casa común dos nacionalistas e non todos os nacionalistas temos que ser de esquerdas a forza... votarei o bng pois dame mais confianza que mareantes -reanovadores, galeguistas ou calisquer outro invento! debe ceder pois non se trata dun cento de votos... moitos votos nacionalistas non son de esquerdas... e xa vemos o que fixeron ises trapalleiros da marea e da reanovacion

6 Martiño AC

En Marea + CxG + Terra Galega= Nós—Galeguistas e de aí crear unha formación galeguista enfocado ás clases medias