O alcalde de Ourense tira de decreto urxente para a "contratación inmediata dun Dj" para este luns de Entroido

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/02/2020 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou e a mañá deste luns un decreto para "dispor de forma inmediata a contratación dun Dj" para actuar esta noite na celebración do Entroido.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.

Segundo informou o consistorio, a decisión prodúcese "ante a dilación de técnicos cuxos tempos o impediron o sábado pasado". O Dj estará este luns, ás 00,30 horas, na confluencia das rúas Lepanto e Juan de Austria.

Ademais, tamén haberá 6 charangas amenizando a festa: dous itinerantes e catro fixas, que estarán na Praza do Ferro, a Praza do Correxidor, a Praza do Trigo e xunto á igrexa de Santa Eufemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta