O BNG promete activar unha comisión de investigación parlamentaria de Angrois se hai cambio na Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O BNG comprometeuse a impulsar a creación dunha comisión de investigación parlamentaria no Pazo do Hórreo sobre o accidente ferroviario de Angrois se se produce un cambio no goberno da Xunta tras as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril.

Así o expresou na mañá deste mércores a líder frontista e candidata do Bloque á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, durante unha rolda de prensa posterior a unha reunión con representantes locais da formación nacionalista.

Pontón lanzou esta proposta un día despois de que a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Néstor Rego, recoñecese que "está a estudar" a posibilidade de "realizar algunha actuación ou análise adicional ao informe" sobre o accidente de Angrois, aínda que "sen pór en cuestión o realizado".

Cuestionada sobre este asunto, a líder frontista manifestou a súa confianza en que "nesta nova lexislatura haxa xustiza, verdade e reparación" para as vítimas do accientedente ferrioviario que, en xullo de 2013, causou 80 mortos e máis dun centenar de feridos.

Deste xeito, reclamou que se poña en marcha unha investigación técnica que cumpra coas directivas comunitarias. Precisamente isto é o que reclamarán este mércores a Plataforma Vítimas Alvia na súa concentración fronte ao Congreso con motivo da comparecencia do ministro José Luís Ábalos na Comisión de Transportes.

Accidente dun tren Alvia en Angrois (Santiago) o 24 de xullo de 2013. EUROPA PRESS - Arquivo
Accidente dun tren Alvia en Angrois (Santiago) o 24 de xullo de 2013. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Canto oportunismo barato ! Queren facernos crer que se chegan a montar unha comisión de investigación en Galicia van pedir a cabeza de Pepe Blanco (o seu futuro socio de goberno) ? Propaganda da UPG ! Pepe Blanco en directo SABE TODO da catástrofe de Angrois! https://youtu.be/pAt39plgwoc?t=53s Na Comisión de Investigación NON SABE NADA dos Sistemas de Seguridade! https://youtu.be/1qSxOTdJfno?t=57m4... As vítimas reclaman xustiza! https://youtu.be/y9Hdo9RfdFw