Denuncian de novo a presenza de "pacientes graves" nos corredores das Urxencias do CHUS

O sindicato médico O'Mega asegura que este mércores se produciron novos colapsos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

O sindicato médico O'Mega denunciou este mércores de novo a presenza de pacientes graves no corredor no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Segundo os datos facilitados pola representante deste sindicato e médico de Urxencias no Hospital Clínico Fátima Nercellas, advertiu á xerencia sanitaria compostelá de que este mércores había "12 pacientes graves no corredor" e "oito sitios libres en observación", ao que sumou 23 persoas pendentes de ingreso "ocupando espazo de traballo".

Ademais, sinalou que a antiga sala de REA está pechada e as "alertas do coronavirus illadas en consulta 12", para puntualizar que estes foron "casos negativos". "Estamos de broma? Esperando a que faleza outro no corredor?", preguntouse, para engadir que "se poden levar as alertas de coronavirus a REA antiga ou os pendentes de ingreso".

Por iso, tras a recente denuncia presentada por O'Mega pola morte dun paciente de idade avanzada no servizo de Urxencias do CHUS o pasado 30 de xaneiro, Nercellas criticou a "irresponsabilidade por parte dos que teñen a responsabilidade".

Pacientes nos corredores das Urxencias do CHUS.
Pacientes nos corredores das Urxencias do CHUS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta