Padín: "CXXI pode ser atractivo para o votante do PP"

O líder de Converxencia XXI asegura que esta formación representa os ideais liberais "máis avanzados de Europa" e insiste en que as formacións grandes "son todas iguais". Vídeo no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/10/2012 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

"Seguir espallando a nosa mensaxe e que os cidadáns coñezan o noso proxecto porque hai moita xente que non nos coñece. Hai que seguir regando a marca e que toda a cidadanía nos coñeza". Esa é o principal obxectivo de CXXI, nestes comicios autonómicos.

Carlos V. Padín, líder de CXXI
Carlos V. Padín, líder de CXXI

"O resto dos partidos discuten sobre quen xestionaría millor pero logo cando chegan ao poder fan o mesmo. Nós non dicimos que xestionariamos mellor o IGAPE como dixeron PP e BNG e logo cando chegaron utilizarono para beneficiar a determinadas persoas e grupos afins. Nós dicimos directamente que imos suprimir este organismo". Son parte dos argumentos electorais desta formación que se presenta nas catro provincias galegas.

"Nós somos unha serie de persoas que estamos en política porque defendemos unha serie de principios que poden convencer ao electorado do PP, pois o noso discurso pode ser atractivo para eles, porque non ten nada de liberal un partido que sube todos os impostos e inventa outros novos e apoia a Taxa Tobin que é da extremaesquerda. Por iso, espero que os liberais que apoiaron ao PP, apoien agora a CXXI", engade.

"Liberais e galeguistas"

CXXI defínese como "liberal e galeguista" e non oculta que "quere pescar votos do PP...e de todos os demais". Estes demais inclúe a CxG, formación de novo cuño, á que Padín acusa de "rebentar" o chamado "Foro polo galeguismo de centro". "Así o recoñeceu o propio Cuíña chamando por teléfono aos integrantes dese foro", sinala.

En todo caso, aclara que CxG non xoga no mesmo terreo político que CxG porque este partido é de "centro-esquerda como se preoucupa o seu líder de dicir", asegura en relación a entrevista de Xoán Carlos Báscuas no GC. "É un partido de centro-esquerda, socialdemocrata que non ten nada de malo. E nin eles se definen como liberais nin o son, maioirmente porque son unha escisión do BNG nun 90% da súa militancia".

CxG e UPyD

"Admitir que o PP ou CxG son liberais é admitir polbo como animal de compañía. Pode haber un sector pequeno pero, desde logo, non era o sector ao que pertencía Cuíña", sinala. E non ten problema en comparar á formación de Báscuas coa de Rosa Díez. "A min recordanme a UPyD porque teñen moitas cousas en común. Din que son un partido socialdemócrata e transversais e logo son un partido nacionalista. Un é galego e o outro español".

Padín insiste en que CCXI representa un "proxecto político distinto". "Nós si que temos ideas e proxectos diferentes e representamos o liberalismo europeo e o liberalismo anglosaxón en Galicia. É a homologación de Galicia aos países máis avanzados do mundo", asegura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

29 Pardo de Cela

DEIXADE-VOS DE DIVIDIR O VOTO... EU CxG!

28 Nilo

O problema do liberalismo é que só é xusto nun terreo de xogo onde as regras sexan as mesmas para todos, coas mesmas opcións para todos. E o problema é que isto nunca é así o que convirte ao liberalismo no feudalismo deste século. Un sistema onde os fillos de papá fan cartos tendo cartos. Agora ben, que sexan estos quen representen aos liberais é algo positivo, os demócratas xa estamos fartos da pouca honradez política, nacionalistas españois que se chaman non nacionalistas como os peperos, xente que é liberal e que defende o público según lle cadra, galeguistas de postín etc etc etc

27 Paco de Amoeiro

EUu votarei a estes, porque polo menos dinme ás claras o seu xeito de gobernar, e non minten como todas as outras altenrativas, que sabemos que á fin van facer todas o mesmo

26 Pepeiro

Tenn razón Padín. Todo aquel votante do PP que non estea influido polo pensamento único socialista que nos ten metido nun bucle de políticas fracasadas, tense q sentir atraído por CXXI.

1 Liberal

Não sei. Eu vejo CXXI muito brandos. Para mim CXXI também é um partido socialista pois fala de adelgaçar o parasita-Estado, quando um verdadeiro liberal deveria aspirar à sua supressão total. Em resumo, populismo barato na linha de Jesús Gil.

2 Pepeiro

Home.... Jesús Gil desgaxar o Estado???????????????? Non o vexo, non o vexo. Será culpa miña.

3 Pepeiro

Home.... Jesús Gil desgaxar o Estado???????????????? Non o vexo, non o vexo. Será culpa miña.

4 Liberal

Bom, como líder do Grupo Independente Liberal (GIL), tirou bastante gordura do Estado para os seus petos e o seu próprio corpo ;-)

5 Pepeiro

Tirou gordura do estado???? O q creou foi un superestado policial nos concellos onde gobernou e sen respecto pola propiedade privada nen pola seguridade xurídica. Moi liberal dende logo

25 Perillán

Noto un exceso de perilla.

1 Pstt

O pelucas co afeita estaba en folga, leva catro meses sen cobrar