O BNG repetirá os mesmos cabezas de listas que hai catro anos

A dirección do Bloque defende que quere "premiar" así o "traballo ben feito" dos seus deputados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2020 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A dirección do Bloque Nacionalista Galego (BNG) repetirá os mesmos cabezas de lista que nos comicios de 2016. É o xeito que ten a formación nacinalista, di, de "premiar" o traballo parlamentario realizado na lexislatura que acaba de finalizar. Por iso, situará a Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará como cabezas de lista por Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente.

A súa candidata á Xunta e portavoz nacional, Ana Pontón, encabeza a candidatura pola Coruña, de maneira que os nacionalistas colocan a mulleres como primeiras nas listas de tres das catro circunscricións, algo que xa avanzara a dirixente nacionalista ao asegurar que as mulleres terían un protagonismo relevante nas candidaturas.

O Consello Nacional aprobará este sábado, 29 de febreiro, as listas coas que o BNG concorrerá á cita electoral de próximo mes de abril, sobre as que a portavoz nacional e candidata á Presidencia avanzou renovación, mocidade e experiencia.

Non en balde, os membros do actual grupo parlamentario repetirán nas candidaturas. Así, ademais da cabeza de lista, tamén estarán Montse Prado, na candidatura de Pontevedra --de segunda--, e Xosé Luís Rivas 'Mini', na da Coruña, como número dous.

"O Bloque, con todas as enquisas en contra e unha situación complicada tras as escisións de 2012, logrou situarse no Parlamento de Galicia con grupo propio e seis deputados, que agora ven premiados polo traballo realizado", apuntan desde a formación.

A Executiva Nacional reuniuse este mércores para deseñar a proposta de candidaturas que levará ao Consello Nacional do sábado. Esta proposta realizouse despois de escoitar ás asembleas de base.

Luís Bará e Olalla Rodil
Luís Bará e Olalla Rodil

Como resultado, a militancia trasladou á dirección do BNG 234 propostas de candidatos, nas que, en todo caso, quedou constancia dun "apoio unánime" de todas as asembleas ao traballo feito polo grupo, segundo o BNG informa nun comunicado.

REFERENDO DO TRABALLO

Os nacionalistas consideran que esta proposta supón "un referendo das bases" ao traballo político, de denuncia e de presentación de alternativas en materia de financiamento, infraestruturas, dereitos e liberdades, así como para incrementar o autogoberno de Galicia. A iso, súmase "un rigoroso traballo de control ao Goberno de Feijóo e de alternativas á década de desastre do Executivo do candidato do PP".

Ana Pontón, que este xoves se desprazou a Allariz, destacou que se trata de candidatos que avanzan o perfil das listas que o BNG vai presentar o 5 de abril, "combinando renovación e experiencia, cunha aposta decidida pola presenza de mulleres e xente nova".

"Apostamos por poñer as mellores persoas para darlle confianza aos galegos sobre a solvencia do proxecto do BNG para liderar o cambio real a partir do 5 de abril", subliñou Pontón, quen defendeu que os nacionalistas apostan "por aquilo que funciona, por persoas capaces e formadas que lle deron voz aos grandes problemas da sociedade galega". "E esta experiencia é un valor que enriquece as candidaturas do 5A", aseverou.

"IMPORTANTES NOVIDADES"

En todo caso, Ana Pontón tamén avanzou que haberá "novidades importantes que suporán unha achega relevante" e díxoo convencida de que o Bloque "ten as mellores candidaturas e a mellor alternativa programática" para pedirlle a confianza "a esa maioría social que quere o cambio real".

"Demostramos que temos canteira, que temos persoas preparadas e tamén dispostas a dar a cara e a comprometerse con Galicia e iso é importante porque urxe abrir unha nova etapa. E a única garantía de cambio real é o BNG coas mans libres e para defender os intereses deste país", incidiu Pontón, quen volveu sinalar que Galicia "o que non necesita é máis sucursalismo de forzas estatais ás que lle marcan o paso desde as súas direccións madrileñas".

Pontón fixo bandeira de que os galegos "necesitan unha presidenta que defenda os seus intereses ante todo", opción na que unicamente sitúa ao BNG. "A palabra de Feijóo vale moi pouco e está claro que se o PP precisa a Vox, dá igual votar Vox que PP porque o resultado vai ser o mesmo. Se non fose así, non avalaría os pactos coa extrema dereita", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 anonimo

A verdade proe. O BNG é matrtiarcal a tope. E probiños dos que rechisten, son un residuo da edade media patriarcal. Ser muller, polo mero xeito de selo, é un valor engadido no BNG.

3 Bloqueiro bloqueado

Nin primarias abertas nin renovación, dedazo do coroneis e as bases a obedecer.

1 ComoTenQueSer

Xa o sabes ti

2 Gamela

Semella que o BNG segue a liña dos seus socios (PSOE) de privatizar o patrimonio ! https://www.ribadeando.com/2020/02/... O máis triste do tema é o SILENCIO que practica a corporación do BNG en Ribadeo! http://ribadeo.gal/interior.php?txt... O mesmo que sucede coa falabarato de Carmela Silva en Vigo ! https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Geimlelo

upegá dimisión demissao demiççommm Xa!

2 Gamela

Aquí a todos lles gustan os privilexios: Pepe Blanco na Illa de Arousa, Carmela Silva na Illa de Toralla e cicais Nestor Rego na Illa Pancha (?) Sempre hai que PAGAR ?

1 anonimo

Confírmase o carácter matriarcal do BNG. Os homes non pintan nada. Coma ten que ser.

1 Pobriño

Seguro que se pos perruca che meten a ti, co válido que es

2 José

Si, como aquela alcaldesa de Melide que dixo que seu home conciliaba na casa e nas seguintes eleucións foi a do PP e chimpouna do poleiro... Nen homes nen mulleres: seres homanos, homanoides ou androides, que todo che é o mesmo