Denuncian represalias contra o persoal do naval de Ferrol por participar en protestas

Os operarios concentráronse ante a porta do estaleiro de Navantia reclamando carga de traballo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Navantia Ferrol denunciou represalias por parte de compañías auxiliares, que pretendían "castigar" os seus traballadores por participar na última manifestación en defensa do sector e en demanda de carga de traballo que se celebrou na cidade departamental.

"Non imos permitir nin consentir que ningunha compañía auxiliar poida tomar represalias contra os seus traballadores por participar nas protestas demandado carga de traballo", advertiu o presidente do comité, Javier Galán (CCOO), quen acusou directamente a Maessa de protagonizar ese castigo aos traballadores por secundar as manifestacións.

Operarios da empresa e de auxiliares concentráronse entre as 10,30 e as 11,30 horas deste xoves ante a porta principal do estaleiro ferrolán, como parte do calendario de mobilizacións aprobado en asemblea. En dito "cronograma" tamén tiñan previsto acudir aos xulgados de Ferrol, coincidindo cunha vista pola participación de operarios de Maessa noutras mobilizacións, pero que ao quedou suspendida "tras un principio de acordo entre a empresa e os delegados".

Galán insistiu nas súas advertencias pola falta de carga de traballo para despois do verán, "durante o que resta de ano e de 2021", e lembrou que teñen solicitadas entrevistas cos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados e tentarán concertar un encontro co propio Goberno.

"Para demostrarlle unha vez máis que esta comarca non pode manterse dous anos sen ningún tipo de carga de traballo, na única industria capaz de xerar unha importante cantidade de emprego", incidiu.

NOVAS INCORPORACIÓNS

Doutra banda, con respecto ás novas incorporacións, Galán trasladou á empresa que esta cuestión debe estar decidida "antes do 6 de marzo", cunha serie de criterios que veñen emanados de Madrid e "que a dirección de Ferrol está a tratar de torpedear", algo que "non van permitir".

Neste sentido, os sindicatos esperan a contar cunha "solución para os centros de Ferrol e Fene" antes desa data, posto que os traballadores non poden "seguir aguantando coa a repercusión que isto ten, tanto no interno como no externo, coas perspectivas que hai entre a cidadanía".

Mobilización de traballadores de Navantia Fene e Ferrol.
Mobilización de traballadores de Navantia Fene e Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta