Feijóo insiste na súa estrexia de “non pactar” con Vox a pesar dos achegamentos de Casado

Di descoñecer as estratexias de acordos ou pactos entre o PP e a ultradereita que inisinuou o novo líder do PP vasco, Carlos Iturgaiz, e o propio Pablo Casado.

Por Galicia Confidencial | compostelaC | 27/02/2020 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

“Eu sobre o de Vox non vou cambiar de opinión coma tampouco vai cambiar Vox de opinión de querer botarme da Xunta”. Así de contundente se amosouo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a súa postura de non pactar coa ultradereita baixo ningunha circunstancia, cando menos, antes das eleccións galegas.

Pablo Casado e Feijóo. EUROPA PRESS - Arquivo
Pablo Casado e Feijóo. EUROPA PRESS - Arquivo

E iso que tanto o novo líder do PP vasco, Carlos Iturgaiz, coma Pablo Casado, non vería mal un achegamento. De feito, Iturgaiz fixo un chamamento explícito este mércores a Vox e á “persoa marabillosa” --así cualificou a Santiago Abascal-- para "axuntar forzas”.

“Votar a Vox é o mesmo que votar ao BNG, a Podemos, ao PSOE ou a calquera dos partidos que forman Galicia en Común. Non hai novidades ao respecto”, respondeu Feijóo a esta nova oferta de achegamento do seu partidos. Con todo, e a un mes das eleccións, estas ofertas da dirección do PP para aproximarse a Vox non axudan na estratexia de Feijóo de tentar sumar dentro do PP todo o arco da dereita galega, desde Ciudadanos a Vox.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta