Temas: SANXENXO CCOO

Protesta contra a decisión do Concello de Sanxenxo de privatizar o Servizo de Axuda no Fogar

O sindicato Comisións Obreiras anunciou que se mobilizará contra esta decisión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2020 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) anunciou que se mobilizará contra a decisión do Concello de Sanxenxo de privatizar o Servizo de Axuda no Fogar. O secretario de organización, José Luís García Pedrosa, denunciou que o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, incumpriu co Estatuto de Traballadores ao non manter informado o comité de empresa de Terras de Sanxenxo, entidade á que pertence o persoal, desta decisión.

Telmo Martín.
Telmo Martín.

Actualmente o persoal deste servizo está composta por unha coordinadora do servizo e as 23 auxiliares que atenden a 61 veciños con distintos graos de dependencia. O servizo de atención no fogar actualmente está a prestar 32.172 horas anuais, 2.681 ao mes. A Xunta acaba de conceder a Sanxenxo 389 horas máis por mes, pero non dispoñen de persoal cualificado para cubrilas.

Por parte do Concello de Sanxenxo informaron que 9 das 23 auxiliares están de baixa nestes momentos e a Concellaría de Servizos Sociais ten que recorrer a unha empresa para poder manter o servizo.

O sindicato Comisións Obreiras alerta de que a decisión do goberno local do Partido Popular suporá un incremento de gastos para as arcas municipais e García Pedrosa afirma que a decisión adoptada é para "castigar ás traballadoras" que mantiñan accións reivindicativas nunha campaña iniciada hai máis dun ano na que se reclamaban melloras laborais e salariais.

Respecto diso, indica que na Oferta Pública de Emprego aprobada hai dous meses, o goberno local consideraba que este servizo tiña que ser propio e, en cambio, agora decide externalizarlos.

CC.OO. e a CIG, con representación tamén no comité, manterán unha reunión cos partidos da oposición co obxectivo posto en que no pleno ordinario do 30 de marzo non se aprobe esta medida. Dentro da campaña que teñen prevista van recoller firmas entre a veciñanza das parroquias de Sanxenxo e tentar sensibilizar socialmente sobre este tema e tentar sumar apoios de face a realizar unha gran protesta durante ese pleno da corporación.

O Concello de Sanxenxo explicou que o prego de condicións para a licitación deste servizo contempla a adxudicación durante dous anos, que se podería prorrogar en dous máis, a razón dun máis un. A empresa adxudicataria terá que facerse cargo do persoal municipal por subrogación, é dicir das 23 auxiliares que atenden o servizo nas mesmas condicións laborais que teñen actualmente.

O prezo de saída que contempla o prego de condicións ascende a 1.135.916 euros anuais pola prestación de 52.728 horas ao ano, o que permitirá atender aos 61 beneficiarios actuais, ás 39 persoas que engrosan a lista de espera e aos futuros demandantes.

Temas: SANXENXO CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta