Temas: TSXG OURENSE

O Tribunal Superior avala as sancións a propietarios dun edificio de Ourense por incumprir unha orde de derriba

Trátase dun edificio situado no número 10 da Rúa Pizarro polo cal o Concello sancionou os propietarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2020 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou as sancións impostas polo Concello de Ourense aos propietarios dun edificio situado no número 10 da rúa Pizarro, por incumprir a orde de demolición deste inmoble que se atopaba fóra da regulación.

Rúa Pizarro de Ourense
Rúa Pizarro de Ourense | Fonte: Google Maps.

A xunta de goberno local da cidade abordou o fallo na súa reunión deste xoves. En concreto, o tribunal estima o recurso presentado polo Goberno local declarando conforme a dereito a imposición de multas coercitivas por incumprir a orde de demolición do inmoble.

O edificio atopábase fóra da ordenación municipal, un problema que afecta a outras vivendas da cidade e que o Goberno local busca solucionar no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

Miguel Caride, concelleiro de Democracia Ourensana, explicou que se trata dunha cuestión "que vén de atrás" e que o novo PXOM busca "legalizar" a situación de irregularidade moitos destes inmobles.

O obxectivo do Executivo local é "evitar os prexuízos" que poida provocar unha demolición, posto que moitas obras que se realizaron na cidade fixéronse dentro dunha lexislación "que hoxe non está vixente".

Temas: TSXG OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta