O pleno de Ferrol aproba unha declaración institucional de apoio ao naval

O texto reclama "a convocatoria dunha asemblea cidadá para instar o Goberno á construción inmediata dun buque AOR para a Armada Española".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2020 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Ferrol aprobou por unanimidade unha declaración institucional de apoio ao sector naval nos estaleiros públicos da súa ría, un texto que fora presentado polo grupo municipal de Ferrol en Común, pero que finalmente decidiron facer como seu os outros tres grupos con representación no pleno, PP, PSOE e BNG.

En dito texto reclámase "a convocatoria dunha asemblea cidadá que poida desenvolver unha acción social de concienciación e recollida de firmas para instar o Goberno á construción inmediata dun buque AOR para a Armada Española", tal e como se comprometeu a xunta de portavoces nunha reunión cos integrantes do comité de empresa de Navantia Ferrol.

Tamén se reclama "a materialización do estaleiro 4.0., así como axilizar, con obxectividade e transparencia, na selección do persoal que formará parte do persoal de Navantia".

Por último, pídese "instar a Navantia á redución de prazos para poder acometer canto antes a construción das fragatas F-110", buques que serán construídos para a Armada Española e cuxa data de inicio de construción está programada para o ano 2022.

Neste pleno, desenvolvido desde as 19,00 horas deste xoves tamén se deron cita unha representación dos traballadores de Navantia Ferrol.

Concentración ás portas de Navantia en Ferrol.
Concentración ás portas de Navantia en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta