Feijóo atrasa un ano a chegada do AVE: "Esquézanse do 2021, pensen no 22"

O candidato do PPdeG e presidente da Xunta dúbida do compromiso de Adif, que non contempla risco en que o AVE chegue en xuño de 2021.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/02/2020 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O candidato do PPdeG á reelección á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, atrasou ata 2022 a chegada do AVE a Galicia e rexeita así o prazo dado este xoves por Adif, que afinaba a data para a entrada en funcionamento da Alta Velocidade fixándoa en xuño de 2021.

"O AVE non vai estar en xuño de 2021 aquí, que non nos enganen", manifestou Núñez Feijóo a preguntas dos asistentes nun almorzo de partido na Coruña no que o tamén presidente do Executivo autonómico fixo balance das actuacións levadas a cabo no últimos anos na cidade da Coruña.

Núñez Feijóo está convencido de que "o AVE cambiará esta cidade", pero móstrase incrédulo sobre a data de chegada: "Sei todas as datas incumpridas, aínda non sei unha data cumprida", afirma.

"ESQUÉZANSE DE 2021"

"Non direi en que mes do ano 2022, pero esquézanse do 2021 e pensen no 22", respondeu ao auditorio coruñés Feijóo, quen pon en dúbida a última data dada por Adif en vista de que en marzo de 2020 aínda "non está finalizada a obra".

"Non sexan escépticos, pero tampouco inxenuos. Isto é máis 22 que 21", concluíu o dirixente popular, quen pon en dúbida o manifestado por Adif Alta Velocidade, que non contempla, "neste momento, ningún risco nin actuación" que poida comprometer "o prazo fixado de xuño de 2021" para a chegada do AVE a Galicia.

O director xeral de Adif Alta Velocidade, Juan Pablo Villanueva, realizou este xoves a supervisión dos traballos de montaxe de vía do tramo Pedralba da Padrería-Ourense. Para cumprir co obxectivo, incidiu en que se está traballando "intensamente" seguindo un plan "moi ambicioso".

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na súa proclamación como candidato ás eleccións autonómicas do 5 de abril.. PP
O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na súa proclamación como candidato ás eleccións autonómicas do 5 de abril.. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta